Novela/O punto de vista

A NOVELA: 1. Narración literaria / 2. Participantes / 3. Punto de vista / 4. Temporalidade / 5. Personaxes / 6. Formas do épico / 7. Bibliografía



Cando se presentan acontecementos sempre se fai desde unha certa perspectiva. Elíxese un punto de vista, unha forma específica de ve-las cousas, un certo ángulo. A focalización é, segundo Mieke Bal, a relación entre a 'visión', o 'axente' que ve, e o que se ve.Implica a elección dunha ou máis perspectivas desde as que abordar o conxunto da historia que se quere transformar nun discurso modalizado.

O suxeito da focalización, o 'focalizador', constitúe o punto desde o que se contemplan os elementos e permítenos distinguir entre focalización interna (cando a focalización se corresponde a un personaxe que participa como actor) e focalización externa (un axente anónimo situado fóra da trama opera como focalizador).

Máis coñecida é a perspectiva de Jean Pouillon que establece unha triple distinción:

  • A VISIÓN <POR DETRÁS>: O narrador sábeo todo sobre o personaxe; sepárase del para ver desde esta posición os resortes máis íntimos que o conducen a obrar, colocándonos en disposición de coñece-los seus segredos. Incluso interpreta e di cousas que os mesmos personaxes non ousan dicirse a si mesmos ou ós demais
  • A VISIÓN <CON>: O narrador sabe o mesmo cós personaxes, e sábeo con eles; non coñece con anticipación a explicación dos acontecementos. Esta visión <con> caracterízase pola elección dun personaxe como centro do relato. Pero unha novela pode varia-lo personaxe elixido producíndose o que Bajtin chama plurivocidade.

Neste caso, aplicando a terminoloxía de Mieke Bal, o focalizador coincide cun personaxe, e este terá unha vantaxe técnica sobre os demais. O lector observa o presente polos ollos dese personaxe. Esta focalización, vinculada ós ollos dun personaxe, pode -como xa dixemos- variar, pode pasar dun personaxe a outro para se nos mostra-las diferencias coas que diversos personaxes contemplan os mesmos feitos. É unha técnica que pode dar lugar a unha neutralidade cara a tódolos personaxes, pero que sen embargo, non soe presentar dúbida á hora de percibir sobre qué personaxe debe recaer maior atención e apoio: habitualmente denomínase 'heroe' a aquel que focalice o primeiro e o último capítulo.

  • A VISIÓN <DESDE FÓRA>: O narrador sabe menos cós personaxes, porque se limita unicamente a ser testemuña ocular dos feitos.

Segre, na súa obra Principios de análisis del texto literario, retomando tanto o dito por Mieke Bal como por Pouillon, perfecciona o concepto de focalización:✧. NARRACIÓN DE FOCALIZACIÓN CERO: Nunca se toma o punto de vista dos personaxes

  1. NARRACIÓN DE FOCALIZACIÓN INTERNA: Cando a narración está dada polos personaxes. Pode ser:
    1. FIXA: Todo está visto por un personaxe
    2. VARIABLE: Segundo os episodios varía o personaxe focal
    3. MÚLTIPLE: Cando un mesmo acontecemento se presenta por máis dun personaxe
  2. NARRACIÓN CON FOCALIZACIÓN EXTERNA: Os personaxes actúan ante o narrador, sen que este mostre coñece-los seus pensamentos ou sentimentos
  3. NARRACIÓN CON FOCALIZACIÓN PROGRESIVA: O narrador pode empeza-lo seu relato en focalización cero -de modo enigmático- para achegarse despois, lentamente, a outro tipo de focalización

Narración con focalización cero

editar

Omnisciencia editorial

editar

O autor goza dun ilimitado punto de vista, non só pode representar, senón tamén criticar tódolos acontecementos e tódalas reaccións, ideas e emocións dos seus personaxes. A nota característica desta omnisciencia editorial é pois a presencia da voz do autor que fala en primeira ou cuarta persoa verbal e que é a voz predominante, mesmo se permite facer frecuentes apelacións ó lector suxeríndolle ou impoñéndolle unha forma de lectura.

A nota característica da omnisciencia editorial é a presencia da voz que narra en primeira persoa de singular ou de plural, o resto da narración aparece en terceira persoa.

Omnisciencia neutral

editar

A única diferencia coa editorial radica precisamente na ausencia de intrusións en primeira persoa ou evidentes por parte do narrador, aínda que segue tratándose dun narrador que o sabe todo, pois o desenvolvemento da acción e os personaxes está visto por aquel e non por estes. Estes dous puntos de vista implican o uso da terceira persoa.

Omnisciencia selectiva

editar

Mentres na omnisciencia neutral un narrador conta a interioridade dos personaxes, resumida a posteriori da súa evolución, aquí móstransenos esas mesmas interioridades no presente ficticio en que se ennovelan.

Salvo nas direccións escénicas estes dous puntos de vista comparten a primeira persoa gramatical, se ben mediante o emprego do estilo indirecto libre cabe reflectir en terceira, de forma convincente, o pensamento dun personaxe sen prescindir polo mesmo da perspectiva. Na omnisciencia selectiva dáse con maior intensidade o emprego do estilo indirecto libre, forma de discurso que permite reflecti-lo pensamento do personaxe sen prescindir da terceira persoa do narrador.

Omnisciencia do autor como editor

editar

Dáse cando o autor implícito quere finxir que non escribiu el o relato senón que o achou escrito, e limítase a editalo

Relato focalizado externamente

editar

Eu testemuña

editar

A utilización deste tipo de narrador favorece a verosimilitude. É un punto de vista selectivo pois coñecémo-los feitos a través dun personaxe que os viu, e a focalización é externa porque todo o que conte viuno dende fóra, polo que encontramos unha ausencia de coñecemento do pensamento dos outros personaxes e do que ocorreu no pasado. Emprégase a primeira persoa. O narrador di menos do que saben os personaxes.

Modo dramático

editar

Toda a novela queda limitada ó que fan os personaxes, prescindíndose do que pensan -que deberá de inferirse do seu comportamento- e a unhas direccións escénicas que fan progresa-la acción. Poden aparecer tódalas persoas, pero é a terceira persoa gramatical a presente nas direccións escénicas. O discurso é polo tanto puro diálogo. Hai similitude coas obras de teatro concibidas para ler e non para a escena.

Modo cinematográfico

editar

Punto de vista propio dos novelistas que pretenden transmitir sen aparente selección nin ordenación un anaco de vida, de forma instantánea, sen mediación do aprazamento narrativo. Poden aparecer tódalas persoas gramaticais.

O foco sitúase fóra de calquera personaxe, polo que non hai ningunha posibilidade de ofrecer información sobre o seu mundo interior. O narrador só informa do que capta por medio dos sentidos: palabras e actos

Relato focalizado internamente

editar

Eu protagonista

editar

Esta fórmula reforza a verosimilitude do relato posto que se nos pon en contacto cuns feitos que o narrador afirma ter vivido. Chamamos narrador autodiexético a aquel que , coma no caso das autobiografías, refire as experiencias da súa propia vida.

Capítulo seguinte: A temporalidade
A NOVELA: 1. Narración literaria / 2. Participantes / 3. Punto de vista / 4. Temporalidade / 5. Personaxes / 6. Formas do épico / 7. Bibliografía
  NODES
Idea 1
idea 1
Intern 4
iOS 2
mac 1
os 75
text 1
todo 5