Artigo destacado
|
|
Sobre Galicia
|
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Galicia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. España ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 4 de maio de 1982, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.
O primeiro sitio en Galicia que se inscribiu foi a Cidade vella de Santiago de Compostela, que foi inscrita na 9ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade en 1985. Os seguintes lugares que foron incluídos entre o Patrimonio da Humanidade foron os Camiños de Santiago de Compostela: Camiño Francés e Camiños do Norte de España (1993), compartido con outras rexións europeas, a Muralla de Lugo (2000) e a Torre de Hércules (2009). Os catro sitios son culturais.
|
Tal día coma hoxe no ano...
|
- 1065, fúndase en Londres a abadía de Westminster.
- 1394, morre María Anxelina Ducaina Paleóloga, quen se proclamou basilisa de Epiro desde 1384 ata 1385.
- 1836, España recoñece a independencia de México.
- 1895, os irmáns Lumière exhiben unha película ao público por vez primeira.
- 1978, publícase no BOE a actual Constitución Española (na imaxe).
- 1993, O Banco de España intervén o Banesto, dirixido por Mario Conde.
- 2002, morre Manfred Gnädinger, "o alemán de Camelle".
Hoxe é o Día da Proclamación en Australia do Sur (1836) e o Día dos Santos Inocentes en España e Iberoamérica.
|
|
|
Imaxe do día
|
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 150 847 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 260 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|