Àngels Barceló, nada en Barcelona o 7 de setembro de 1963, é unha xornalista catalá, coñecida televisivamente por presentar telexornais.

Modelo:BiografíaÀngels Barceló

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, director de televisión, locutor, presentadora de televisión, actriz de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorCadena SER (2005–)
Telecinco (1997–2005)
Televisió de Catalunya (1984–1997)
Catalunya Ràdio (1983–1997) Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1471737 Twitter: abarceloh25 BNE: XX1587372 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

A súa carreira profesional comezou ós 20 anos en 1983 traballando como redactora de informativos na emisora Catalunya Ràdio. Ó ano seguinte, e sen deixar a radio, deu o salto á televisión para presentar os informativos de TV3. Participou en retransmisións de eventos importantes, como noites electorais (nacionais e estadounidenses), a Guerra do Golfo, a sinatura do Tratado de Maastricht ou o nomeamento como Sede Olímpica de Barcelona. Chegou a ser a directora da última edición do informativo desta canle autonómica. Ademais, tamén foi a responsable de Àngels de nit, un programa de entrevistas.

Non foi ata 1997 cando apareceu por primeira vez ante as cámaras dunha televisión nacional: tras pasar medio ano como editora dos informativos das fins de semana de Telecinco, pasa a editar e a presentar os informativos das 14:30. E en 2001, trala saída de Juan Ramón Lucas, pasou a editar e presentar os Informativos Telecinco das 20:30. Durante esta etapa participou como enviada especial á Guerra de Iugoslavia, as eleccións nos Estados Unidos, a morte do Papa Xoán Paulo II ou a catástrofe do Prestige.

En 2005 deixou os informativos de Telecinco para volver a TV3 e para dirixir e presentar o espazo radiofónico A vivir que son dos días da Cadena SER en substitución de Fernando Delgado.[1][2]

Desde marzo de 2006, aparece no programa de actualidade informativa Cuatro x cuatro, de Cuatro, xunto a Iñaki Gabilondo, Jon Sistiaga e Carles Francino. Durante o Mundial de Alemaña de 2006, presentou para Cuatro un programa especial chamado Maracaná Alemaña 06 xunto a Nico Abad. Foi realizado ó aire libre na cidade de Madrid e trataba sobre a Selección Española de Fútbol e o Mundial de Fútbol.

Durante todo o 2007 continuou a presentar o programa da fin de semana na SER alternando os seus traballos con outros como a retransmisión da gala dos Óscar así como algunhas intervencións en Canal +. En novembro do 2007, trala morte de Carlos Llamas, foi nomeada directora do programa de cabeceira de Cadena SER, HORA 25. Cedeu así a testemuña de A vivir... á súa compañeira de Telecinco anos antes, Montserrat Domínguez.

No 2008, con motivo da Eurocopa, foi elixida para presentar Zona Cuatro, unha especie de previo do partido.

O 12 de xullo de 2010, conduciu o programa especial "Suráfrica 2010: Cuatro con la Roja", retransmitido simultaneamente por Cuatro e Canal + con motivo das recepcións oficiais, recibimento polas rúas de Madrid e festa final, a Selección española tras proclamarse campioa do Mundial de Suráfrica 2010. A retransmisión en directo prolongouse desde as 16:30h ás 00:30h coa fin da festa en Príncipe Pío, conseguindo situar a cadea terceira na clasificación de audiencias do prime time dese día.[3]

En novembro de 2010 viaxa a Marrocos cun equipo da SER para investigar o violento desaloxo do campamento de protesta saharauí do Aaiún, cun número aínda indeterminado de mortos e centos de persoas feridas. O 11 de novembro do 2010 é interrogada pola policía marroquí por conseguir romper o bloqueo informativo marroquí e expulsada de Marrocos por "proporcionar informacións falsas sobre a súa identidade e a súa profesión".[4]

Premios

editar


  NODES
todo 2