Ánxel Johán

escritor e pintor galego

Ángel Juan Antonio González López, máis coñecido como Ánxel Johán ou Ánxel Xohán,[1] nado en Lugo o 28 de outubro de 1901 e finado en Madrid o 5 de marzo de 1965, foi un escritor e pintor galego.

Modelo:BiografíaÁnxel Johán
Nome orixinal(es) Ángel-Juan González López Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ángel Juan González López Editar o valor en Wikidata
1901 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte1965 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de lingua Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioÁngel Johán Editar o valor en Wikidata

BNE: XX866205 BUSC: anxel-johan-1901-1965

Traxectoria

editar
 
O paxaro na boca, de Luz Pozo, Colección Xistral, ao coidado de Ángel Johán, 1952.

Estudou bacharelato na súa cidade natal, ingresou no corpo de Telégrafos en 1918 e en 1932 foi destinado ás Canarias. Colaborou nas publicacións Ronsel e Yunque. Militante de Izquierda Republicana foi detido ao comezo da guerra civil española por cursar un telegrama informando da saída de Francisco Franco cara a Marrocos. Permaneceu no cárcere ata 1942, eses anos pásaos escribindo e traducindo a William Shakespeare. En 1948 volveu a Lugo, traballou nunha empresa da construción e máis tarde como profesor de debuxo do Círculo das Artes. Colaborou nos xornais La Noche, El Progreso e El Pueblo Gallego.

Francisco Fernández del Riego incluíuno na súa Escolma da Poesía Galega en 1955. Creou con Manuel María a Colección Xistral. Atento nos seus últimos anos ás inquedanzas dos pintores novos, incorporouse ao grupo A Gadaña na exposición que estes vangardistas realizaron en Lugo. Morreu de cancro de lingua en 1965.

Na súa etapa canaria de posguerra escribiu poesía e publicou algúns cadernos: Alba esencial (1944), Redondel sin salida (1944), Muerte siempre (1945), La agonía junta (1946). En 1991 publicouse postumamente Sonetos de vida e morte, onde se recolle a súa produción poética en galego.

  1. GEG.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
todo 1