Aella de Deira

(Redirección desde «Ælla de Deira»)

Ælla (Ela, Aella), finado en 588, é o primeiro rei de Deira do que se ten algunha información. Un dos seus fillos foi Edwin de Deira e a súa filla Acha foi esposa de Aethelfrith de Bernicia e nai de Oswald de Bernicia.

Modelo:BiografíaAella de Deira
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor en Wikidata
Mortec. 588 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Rei de Deira
560 (Gregoriano) – 588 (Gregoriano)
← sen valor – Æthelric (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor en Wikidata
Fillosunknown (?), Acha, Edwin de Northumbria, Æthelric Editar o valor en Wikidata
PaiYffi Editar o valor en Wikidata
IrmánsÆlfric Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Deira-7

Traxectoria

editar

De acordo coa Crónica Anglosaxoa, converteuse en rei o mesmo ano que Ceawlin de Wessex (560), tras a morte de Ida de Bernicia, e reinou por 30 anos. Con todo, a Crónica marca o ano 588 como aquel en que Ælla morreu, sendo o seu sucesor Aethelric. Posiblemente esta foi a razón pola que Florence de Worcester cambiou a data de ascenso ao trono de Ælla ao ano 559, o cal faría manter a duración do seu reinado en 30 anos.

Os manuscritos de Matthew Parker, e as súas subseguintes copias, preservan a seguinte xenealoxía de Ælla:

"Ælla foi fillo de Yffe, o fillo de Uxfrea, o fillo de Wilgisl, o fillo de Westerfalca, o fillo de Sæfugl, o fillo de Sæbaldo, o fillo de Segegeat, o fillo de Swebdæg, o fillo de Sigegar, o fillo de Wædæg, o fillo de Woden".

Nada máis se coñece de Ælla, pero parece ser mencionado na lendaria saga de Gautrek, onde foi visitado polo rei Gautrek.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 2