1129
Ano
1129 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1129 MCXXIX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 1882 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 578 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 3825 – 3826 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 4889 – 4890 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1184 – 1185 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1051 – 1052 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4230 – 4231 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 507 – 508 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 523 – 524 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1379 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editarGaliza
editar- 1 de novembro: Fúndase o Mosteiro de Toxos Outos en Lousame.
Europa
editar- Concilio de Troyes, que aproba a regra dos Templarios.
- Knud Lavard, jarl dinamarqués de Schleswig, somete aos Obodritas e faise proclamar rei deles, baixo a soberanía do emperador Lotario II.
Asia
editar- Os Djürchet rematan a conquista do norte da China e atravesan o Yang-tse-kiang por dous lugares até o Jiangxi e Nakin.
Oriente Próximo
editar- O atabek de Damasco, Bouri, fai executar o visir al-Mazdaghani, protector dos asasinos (batinís). Os partidarios da seita son masacrados polo pobo. Os seus xefes son crucificados sobre as ameas das murallas. Segundo o cronista Ali Ibn al-Athîr, al-Mazdaghani e os asasinos pretendíanlle entregar a vila aos francos a cambio de Tiro e foi ao ter noticia do complot que Bouri decidiu actuar. Os poucos batinís superviventes instálanse en Palestina baixo a protección de Balduíno II de Xerusalén logo de entregarlle a fortaleza de Banias, na ruta entre Xerusalén e Damasco.
- Varias semanas máis tarde, un exército de 10 000 cabaleiros e fantasíns francos chegados da Palestina, Antioquía, Edesa e o condado de Trípoli preséntanse fronte a Damasco. Bouri recorre ás presas ás bandas de nómades turcos e a algunhas tribos árabes para rexeitar o ataque. Varios miles de francos, que se dedicaran á pillaxe na chaira da Ghouta, son sorprendidos polo ataque. Balduíno abandona o continxente e reagrupa as súas tropas para unha nova tentativa. Unha tempestade abátese sobre a rexión e transfórmaa nun inmenso lago de lama (comezos de setembro). Non podendo avanzar, Balduíno ordena a retirada.
Arte e cultura
editar- Disólvese a comunidade da abadía de mulleres de Argenteuil. A abadesa, Heloísa, conduce unha parte das monxas a Champaña a un convento fundado por Abelardo baixo a advocación do Paracleto (Santo Espírito consolador).
- O mestre Raimundo comeza as obras de construción da catedral de Lugo.
Nacementos
editar- Henrique XII de Baviera (ou 1131), morto en 1195, duque de Saxonia e de Baviera.
Mortes
editar- Constantino II de Armenia
- 8 de marzo, Urraca de León.
- Maior Guntroda Rodríguez, condesa de Traba.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1129 |