1493
Ano
1493 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1493 MCDXCIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2246 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 942 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4189 – 4190 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5253 – 5254 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1548 – 1549 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1415 – 1416 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4594 – 4595 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 871 – 872 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 898 – 899 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1743 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editarÁfrica
editar- Álvaro Caminha inicia, so concesión da coroa portuguesa, a colonización da illa de San Tomé, no golfo de Guinea, con xudeus sefardís, expulsados dos reinos españois.
América
editar- 4 de xaneiro, Cristovo Colón abandona América, deixando na illa da Española, unha gornición no forte Navidad, a mando de Diego de Arana.
- 19 de novembro - Xa na segunda viaxe a América, Colón descobre a illa de Porto Rico, que el denominará illa de San Xoán Bautista.
- No Imperio Inca sobe ao trono Huaina Capac (até 1527), sucedendo a Tupac Yupanqi.
Europa
editar- 1 de marzo - Martín Alonso Pinzón, a bordo da Pinta, arriba a Baiona, en Galiza, trala primeira viaxe a América.
- 4 de marzo - Cristovo Colón arriba en Lisboa, de regreso da súa primeira viaxe a América, informando ao monarca portugués, Xoán II de Portugal, de ter chegado ás illas de Cipango e de Antilla.
- 15 de marzo - Colón arriba ao porto de Palos de la Frontera, de onde saíra cara América. Na tarde dese mesmo día chega Pinzón e a "Niña" ao porto de Palos.
- 3 de abril - Colón rende informe da súa viaxe, en Barcelona, aos Reis Católicos.
- 25 de setembro - Colón parte de Cádiz, na súa segunda viaxe a América. A expedición consta de 17 embarcacións e uns 1.500 homes.
- Carlos VIII de Francia recoñece ó Franco Condado e ó Artois. Comeza a loita secular entre Francia e os Habsburgo motivado pola herdanza dos duques de Borgoña.
- Tratado de Barcelona: Fernando II de Aragón adquire os condados de Rosellón e de Sardeña.
- Os xudeus son expulsados de Sicilia.
Ciencia e tecnoloxía
editar- Colón introduce a cana de azucre na illa da Española.
Nacementos
editar- Paracelso, médico e astrologo suízo (m. 1541).
- Baccio Bandinelli, escultor florentino (m. 1560).
- Bernardo Tasso, poeta italiano (m. 1569).
Mortes
editar- Pietro Antonio Solari, escultor e arquitecto italiano.
- 31 de marzo - Martín Alonso Pinzón, navegante e explorador español, codescubridor de América.
- Tupac Yupanqi, emperador dos incas.
- Frederico III de Habsburgo, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Outros
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1493 |