1964
ano
1964 (MCMLXIV) foi un ano bisesto comezado en mércores segundo o calendario gregoriano.
1964 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1964 MCMLXIV | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2717 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1413 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4660 – 4661 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5724 – 5725 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2019 – 2020 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1886 – 1887 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5065 – 5066 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1342 – 1343 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1384 – 1385 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2214 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editarXaneiro
editar- 1 de xaneiro - Iniciase o 1º Plan de Desenvolvemento en España.
- 4 de xaneiro - O Papa Paulo VI visita Xerusalén, onde se entrevista co Patriarca de Constantinopla e xefe da Igrexa Ortodoxa grega, Atenágoras.
Febreiro
editar- 1 de febreiro - En EE. UU., os Beatles alcanzan por primeira vez o primeiro lugar nas listas discográficas, coa canción I Want to Hold Your Hand.
- 2 de febreiro - A sonda estadounidense Ranger VI chega á Lúa, pero non consegue retransmitir imaxes a causa dunha avaría na cámara.
- 2 de febreiro - Detención de sete activistas do Partido Nacionalista Vasco.
- 3 de febreiro - En Nova York (EE. UU.) en protesta contra a discriminación racial nas escolas, grupos de negros e portorriqueños boicotean as escolas públicas.
- 6 de febreiro - O goberno socialista cubano córtalle a auga á base naval estadounidense de Guantánamo como resposta ao secuestro de catro barcos de pesca cubanos ante as costas de Florida (o 2 de febreiro).
- 7 de febreiro - En Jackson (Mississippi, EE. UU.) un xurado non se pon de acordo no veredicto contra Byron De La Beckwith polo asasinato de Medgar Evers (en xuño de 1963).
- 7 de febreiro - O inmunólogo estadounidense Thomas Marchioro informa de que o soro antilinfocitos obtido de cabalos mitiga a reacción de rechazo dos transplantes de ril.
- 7 de febreiro - Un incendio asola unha gran parte das illas australianas de Tasmania e causa 52 mortos.
- 7 de febreiro - The Beatles chegan por primeira vez a Nova York.
- 7 de febreiro - A diocese de León cede ao INI o convento de San Marcos.
- 9 de febreiro - En EE. UU., The Beatles e Richard Terrance McDermott (corredor olímpico estadounidense) aparecen por primeira vez en The Ed Sullivan Show.
- 9 de febreiro - En Innsbruck (Austria) conclúen os Xogos Olímpicos de Inverno.
- 9 de febreiro - Anúnciase oficialmente o compromiso matrimonial entre o príncipe español Carlos Hugo de Borbón-Parma e a princesa holandesa Irene de Orange-Nassau.
- 11 de febreiro - En Chipre, tropas gregas e turcas combaten en Limasol.
- 11 de febreiro - O goberno de Taiwán corta relacións diplomáticas con Francia, debido a que os franceses recoñeceron á República Popular da China.
- 13 de febreiro - Asínase un acordo pesqueiro e comercial entre España e Mauritania.
- 15 de febreiro - En Barcelona, grande éxito da obra teatral María Rosa, de Ángel Guimerà, interpretada en catalán pola compañía de Núria Espert.
- 17 de febreiro - En EE. UU., en Wesberry v. Sanders (376 US 1 1964), a Suprema Corte declara que os distritos congresais deben ter aproximadamente a mesma poboación.
- 18 de febreiro - O goberno de EE. UU. pide explicacións ao goberno español acerca das relacións que mantén con Cuba.
- 19 de febreiro - Paul Simon escribe The Sounds of Silence.
- 19 de febreiro - Georgios Papandreu xura o cargo de presidente de Grecia ante o rei Paulo I.
- 19 de febreiro - Recóbrase o cadro de Rubens Cabezas de negros, que fora roubado do museo de Bruxelas.
- 21 de febreiro - No teatro Reina Victoria (de Madrid) estréase Nos venden el piso, de Alfonso Paso.
- 28 de febreiro - En Istambul (Turquía) Turgut Erenerol é nomeado segundo patriarca da Igrexa Ortodoxa Turca, co nome de Eftim II.
- 29 de febreiro - O presidente estadounidense Lyndon B. Johnson anuncia que creou un avión (o A-11), capaz de voar a máis de 3200 km/h a máis de 20 km de altura.
Marzo
editar- 27 de marzo - o Terremoto Good Friday, o máis potente da historia de EE. UU., con 9,2 puntos da escala Richter, mata a 125 persoas e desfai a cidade de Anchorage (Alasca).
Abril
editar- 1 de abril - Golpe de estado no Brasil, coa toma do poder polos militares.
- 2 de abril - O cargo de Presidente do Brasil, conforme a constitución da época, é declarado vacante polo congreso, sendo substituído polo deputado federal Ranieri Mazzilli.[1]
- 15 de abril, o Xeneral Humberto de Alencar Castelo Branco asume o cargo de Presidente do Brasil, empezando a lista de presidentes do Goberno militar do Brasil.[2]
Maio
editar- 1 de maio, ás 4h, John George Kemeny e Thomas Eugene Kurtz executaron o primeiro programa escrito en BASIC (Beginners' All-purpose Symbolic Instruction Code), unha linguaxe de programación de alto nivel e de apredizaxe doada creada por eles e que, no futuro, sería implementada en varias versións nos máis diversos ordenadores.[3]
Xuño
editar- 25 de xuño - Fundación da Unión do Pobo Galego, UPG.
Xullo
editar- 17 de xullo - Malcolm X fala perante a Organización para a Unidade Africana.
Setembro
editar- 11 de setembro. Inaugúrase a refinaría da Coruña.[4]
Decembro
editar- 10 de decembro, Martin Luther King recibe o Premio Nobel.
- 11 de decembro, Che Guevara fai un discurso na ONU.
Nacementos
editarXaneiro
editar- 7 de xaneiro - Nicolas Cage, actor estadounidense.
- 23 de xaneiro - Francisco Granados, político español.
- 27 de xaneiro - Bridget Fonda, actriz estadounidense.
Febreiro
editar- 15 de febreiro - Chris Farley, actor estadounidense (m. 1997).
- 18 de febreiro - Matt Dillon, actor estadounidense.
Marzo
editar- 2 de marzo - An Alfaya, escritora galega.
- 9 de marzo - Juliette Binoche, actriz francesa.
- 18 de marzo - Rozalla, cantante de Zambia
- 30 de marzo - Tracy Chapman, cantante estadounidense.
Abril
editar- 7 de abril - Russell Crowe, actor neozelandés
- 25 de abril - Hank Azaria, actor estadounidense.
Maio
editar- 26 de maio - Lenny Kravitz, guitarrista estadounidense.
Xuño
editar- 15 de xuño - Courteney Cox, actriz estadounidense.
Xullo
editar- 6 de xullo - Goretti Sanmartín Rei, escritora e política galega.
- 9 de xullo - Courtney Love, cantante e actriz estadounidense.
- 26 de xullo - Sandra Bullock, actriz estadounidense.
Agosto
editar- 15 de agosto - Manuel Escribano Subías, relixioso galego.
- 28 de agosto - Antón Riveiro Coello, escritor galego.
Setembro
editar- 2 de setembro - Keanu Reeves, actor estadounidense.
- 26 de setembro - Nicki French, cantante británica.
- 30 de setembro - Monica Bellucci, actriz italiana.
Outubro
editar- 14 de outubro - Begoña Caamaño, xornalista e escritora galega.
- 16 de outubro - José Carlos Fernandes, autor de banda deseñada portugués.
Novembro
editar- 10 de novembro - Magnús Scheving, produtor de televisión islandés.
- 11 de novembro - Calista Flockhart, actriz estadounidense.
- 16 de novembro - Diana Krall, pianista de jazz canadense.
- 25 de novembro - Mark Lanegan, músico estadounidense.
Decembro
editar- 4 de decembro - Marisa Tomei, actriz estadounidense.
- 19 de decembro - Arvydas Sabonis, baloncestista lituano.
Mortes
editar- 1 de xaneiro - Bechara El Khoury, presidente de Líbano (n. 1890)
- 2 de xaneiro - Pío Fonty Quer, botánico español.
- 1 de febreiro - Luís Soto Menor, mestre e inspector galego (n. 1881).
- 17 de febreiro - Enrique Vidal de Bustamante, mestre e político galego (n. 1897)
- 21 de febreiro - Luis Martín-Santos, escritor español. (n. 1924).
- 5 de abril - Douglas MacArthur, militar estadounidense.
- 29 de abril - Wenceslao Fernández Flórez, escritor galego en castelán.
- 29 de abril - Elsa Fernández González, escritora galega (n. 1933).
- 16 de maio - José Goyanes Capdevila, médico galego (n. 1876).
- 21 de maio - James Franck, físico alemán, premio Nobel de Física en 1925.
- 27 de maio - Jawaharlal Nehru, primeiro presidente da India (1947-1964).
- 3 de xullo - Arturo Souto, pintor galego.
- 15 de xullo - Pedro Basanta del Río, enxeñeiro forestal e político galego.
- 14 de outubro - Ramón Suárez Picallo, político galego.
- 11 de novembro - Manuel Gómez Román, arquitecto galego.
- 17 de decembro - Victor Franz Hess, físico austríaco, premio Nobel de Física en 1936.
Día das Letras Galegas dedicado a:
editarNotas
editar- ↑ "Militares tomam o poder no Brasil" (en portugués). Consultado o 4 de marzo de 2017.
- ↑ "Presidente do Brasil - de 15/4/1964 a 15/3/1967: Humberto de Alencar Castello Branco" (en portugués). Consultado o 6 de marzo de 2017.
- ↑ Randy Alfred (1 de maio de 2008). "May 1, 1964: First Basic Program Runs". Wired (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2017.
- ↑ "La refinería cumple cuarenta años y afronta su cuarta ampliación". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-09-11. Consultado o 2019-03-05.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1964 |