A Laracha
A Laracha[1] é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2014 tiña 11 443 habitantes (11 367 no 2012, 11 337 no 2011, 11 213 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «larachés». Recibe o seu nome da súa capital, a vila da Laracha.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | A Laracha | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.543 (2023) (91,65 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 125,95 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 165 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde da Laracha | José Manuel López Varela | ||||
Eleccións municipais na Laracha | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15145 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15041 | ||||
Sitio web | alaracha.gal | ||||
Xeografía
editarO concello, de 125,95 km², abrangue 13 parroquias, sendo as máis extensas as de Soandres e Montemaior. Caión é a única que ten contacto co mar, no Golfo Ártabro, no límite nordeste da Costa da Morte.
Parroquias da Laracha |
---|
Orografía e hidrografía
editarA zona sur está marcada pola chaira de Ordes e os montes baixos da serra de Montemaior, co monte Pedrouzo (521 m) e Pena Galluda (552 m). O centro está marcado polo val do río Anllóns, que se abre cara ao oeste e recibe as augas do Acheiro. Cara ao norte está a serra de Santa Leocadia, no límite con Arteixo.
Clima
editarTen un clima oceánico, con temperaturas suaves e escasa oscilación térmica, fortes precipitacións e elevada humidade. A vexetación autóctona foi substituída en boa medida por especies de repoboación como piñeiros e eucaliptos. A zona de monte ocupa un terzo da superficie total do municipio. Porén, quedan carballeiras como a de Santa Margarida, a de San Fins e a da capela de Comiáns.
Demografía
editarCenso total 2014 | 11 443 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1396 (12,2 %) |
Entre 15 e 64 anos | 7245 (63,31 %) |
Maiores de 65 anos | 2802 (24,48 %) |
Evolución da poboación da Laracha Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7993 | 10 039 | 12 213 | 11 710 | 10 800 | 11 171 | 11 337 | 11 367 | 11 375 | 11 443 | |||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
editarOs restos de asentamentos humanos máis antigos conservados no concello son do período megalítico, como o túmulo do Cruceiro (Lendo), mámoa de Fofelle (Lestón), mámoa da Fraga (Lendo), túmulo funerario na Medorra (Coiro), túmulo das Medorras na Ferreira (Montemaior), túmulo megalítico O Forno dos Mouros en Silvoso (Soandres), Pedra Fita do Loureiro ou Pedra do Gicho (Erboedo), medorra do couto de Outeiro (Montemaior), túmulo de Carboeiro en Portela (Erboedo), A Medorra do Codeso en Vilariño (Montemaior) ou o Túmulo das Rebuceiras (Lemaio).
No lugar de Lendo apareceron dúas machetas da idade de bronce. Da cultura castrexa consérvanse 19 poboados castrexos: castro de San Román e castro de Riotorto (ou Os Castros, ou o Petón do Castro, os dous en Cabovilaño); castro da Medoña (Coiro); A Castreira (ou As Castreiras, en Erboedo); castro da Condesa (ou Bico do Castro, en Lemaio); castro de Lestón (ou Os Castros, ou Agra do Castro Lestón), castro de Erboedo (ou Os Castros, ou As Croas), castro do Retorno e castro de Fofelle (Lestón); castro da Pena ou O Petón (Montemaior); castro de Condesuso (ou O Castriño), castro de Santa Baia (ou Croa de Santa Baia), castro de Cerqueira (ou de Refoxo), castro de Revirente, O Castro (ou Os Castros) e castro de Santa Baia (Soandres); castro de Gabenlle (ou Castro das Croas, ou Os Castros, en Torás); castro de Montes Claros (ou Os Castros, no que apareceu numerosa cerámica) e castro Pequeno (ou castro das Motas, ou a Mota, en Vilaño).
Durante a romanización de Galicia construíronse diversas vías, pasando por aquí a Per Loca Marítima. En 1987 atopouse na igrexa de Vilaño un miliario da época do emperador Magnentio, a mediados do século IV. No mosteiro de Soandres había unha ara votiva (conservada na catedral de Santiago de Compostela) cunha inscrición sobre un antigo templo adicado a Hércules Xónico.
Na igrexa de Lemaio consérvanse uns capiteis prerrómanicos, usados como pía de auga bendita. A igrexa de Soandres ten a súa orixe nun cenobio beneditino, que aparece documentado a finais do século X. Segundo o historiador Carlos Martínez Pereira a finais do s. XIII e principios do XIV na parroquia de Lendo estableceuse unha encomenda da orde do Temple, da que quedan mostras na igrexa parroquial.
A familia Pardo das Mariñas dominou a xurisdición que ocupou boa parte do concello desde o século XIV. As Torres de Cillobre foron creadas como construción defensiva, sendo reconvertidas en casa señorial. Diego das Mariñas foi o primeiro Capitán xeneral do Reino de Galicia. Outros nobres que habitaron esta casa foron os Bolaño, Ribadeneira, Parragués, Soutomaior e Moscoso.
Economía
editarO concello ten unha ampla base no sector agrario e forestal. Hai empresas industriais como Cerámica Campo ou Celsa. O Parque empresarial da Laracha está promovido pola sociedade pública Suelo Empresarial del Atlántico. Foi inaugurado en xaneiro de 2011. Ten unha superficie de 825.000 metros cadrados con acceso directo á autoestrada A Coruña-Arteixo-Carballo (AG-55).[2] En 2017 Inditex iniciou as obras para construír alí un dos seus centros loxísticos.
Irmandade
editarA Laracha está irmandada dende abril de 2010 coa comuna de Olonne sur Mer, do distrito francés de Les Sables-d'Olonne, Países de Loira no departamento Vendée.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes da Laracha.
-
Parte do muíño que está en Laracha
-
Igrexa de Soutullo
-
Praia de Caión
-
Torre de Cillobre
-
Santa María de Erboedo
-
Panel informativo sobre o concello
Parroquias
editarLugares da Laracha
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello da Laracha vexa: Lugares da Laracha.
Notas
editar- ↑ "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2020. Consultado o 4 de maio de 2020.
- ↑ Parque Empresarial alaracha.gal
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Laracha |
Outros artigos
editar