A Lira de Ribadavia
A Lira de Ribadavia é unha banda de música de Ribadavia, considerada a banda de música máis antiga de Galicia[1].
Historia
editarA que pasa por ser a banda de música máis antiga de Galicia segue sen dar atopado a data exacta da súa orixe, aínda que existen documentos do século XIX que xa se refiren á grande afección que naqueles tempos tiña o pobo ribadaviense polas bandas de música. Un documento[2] do Concello de Ribadavia dá conta da regularización salarial que se lle fai aos mestres dunha escola de música, fundada unha década atrás, en recoñecemento do seu traballo, transcendencia e repercusión social na vila.
Denque aquela data promóvese unha Sociedade Filharmónica[2] que vai estar centrada na formación da mocidade, asumindo a súa dirección Luis de Nessone. Durante os anos a banda divídese e únese por desavinzas políticas, destacando La Lira e La Nueva Lira, unha liberal e outra conservadora, pero ao pasar dos anos volven converxer na mesma banda que perdura ata a actualidade.
Ten conseguido distintos galardóns como banda en Galicia, Asturias, León e Valencia.
Directores
editar- Luís «Mestre» Veneroni (1840-1850)
- Luís de Nessone (1850-1854)
- Manuel Calvo (1854-1856)
- Vicente Reinaldo Rodríguez (1868-1872)
- Benigno Pousa (1873-1876)
- Timoteo López Cartavio (1876-1880)
- Benigno Pousa Pousa (1880-1890)
- Juan Alonso Veiga (1891-1897)
- Antonio Freijido Blanco (1897-1899)
- Francisco Sánchez Sánchez (1900-1903)
- Fidel Sánchez López (1904-1905)
- Francisco Freijido (1905-1910)
- Álvaro Soto Ogando (1910-1911)
- Juan Serrano Marqués (1911-1912)
- Adolfo Campos (1912-1922)
- Camilo Pérez y Pérez (1922-1923)
- Lilo Pampim (1923-1924)
- Juan Pomar Queralt (1924-1927)
- Jesús Núñez (1927)
- Francisco Escobar Díaz (1927-1928)
- Manuel Fernández Amor (1928)
- José Antonio Veiga Paradís (1928-1929)
- Luis Rafael Brage Villar (1929-1936)
- Jesús Núñez (1937)
- Antonio Martínez Carballal (1937)
- Juan Escudero (1938-1939)
- Rafael Díaz García (1940)
- Faustino Temes Diéguez (1941-1942)
- Moisés García Espinosa (1943-1945)
- Pedro Orovio Ruíz de Vinaspre (1945-1967)
- José Franco Silva (1967)
- Manuel Vázquez Gregorio (1968-1984)
- Alfonso Salvatierra Mesa (1984-1985)
- Manuel Vázquez Gregorio (1985-2004)
- Nicanor Domínguez Cid (2004-2005)
- José Ángel Presa Carrera (2005-2007)
- Antonio López Conde (2007-2008)
- Manuel Vázquez Gregorio (2008-2009)
- Juan Carlos López Vázquez (2009-2012)
- Francisco Pérez Rodríguez (2012-2015)
- Roberto Baltar Gardón (2016-2017)
- Xavier Oliveira (2017-2023)
Notas
editar- ↑ ALVARELLOS, E., Bandas de Música de Galicia, 1986.
- ↑ 2,0 2,1 Estévez Pérez, Ramón (2015). La Lira: La banda de música de Ribadavia (1840-2015). Armonía Universal.