A abadía de Melk é un centro espiritual e cultural austríaco de grande importancia, localizado na cidade de Melk, no estado da Baixa Austria, ao pé do río Danubio.[1][2]

Abadía de Melk
(Stift Melk)
Vista xeral da abadía de Melk
Datos xerais
PaísAustria Austria
Rexión Baixa Austria
TipoAntigo castelo reconvertido en abadía
AdvocaciónSan Bieito
Localización Melk
Coordenadas48°13′42″N 15°19′52″L / 48.22843, 15.33123
CatalogaciónPatrimonio da Humanidade
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseDiocese de Sankt Pölten
Orde relixiosaOrde de San Bieito
Arquitectura
ConstruciónInicial: século XI
Configuración actual: principios do século XVIII
ArquitectosJakob Prandtauer
EstiloArquitectura barroca
Páxina webstiftmelk.at
editar datos en Wikidata ]

Forma parte da "paisaxe Cultural de Wachau", un sitio clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[3]

Historia

editar
 
A abadía nun gravado do século XVII

Idade Media

editar

Melk foi un centro relixioso e cultural moi salientable desde as orixes do estado austríaco. Xa en 996, o primeiro marqués da rexión, Leopoldo II, ergueu un castelo en Melk para a súa residencia, ao que os seus sucesores lle foron engadindo diversas reliquias e tesouros. O castelo déuselles aos monxes Beneditinos de Lambach en 1089 e, desde ese momento, pasaron a ocupalo logo de o adaptar como mosteiro. A época da fundación do mosteiro foi marcada pola Querela das Investiduras, e floreceu na época posterior ao Concordato de Worms, cando se creou unha escola. Co declive do papado, a sorte do mosteiro tamén se esvaeceu.

No século XV o mosteiro foi o punto de partida da Reforma de Melk, unha reforma relixiosa de grande impacto inspirada por ideais humanistas e que levaba consigo unha adhesión máis estreita á Orde de San Bieito, partidaria da austeridade e da disciplina.[4]

Idade Moderna

editar

Durante o Barroco, o seu prestixio volveu aumentar, e chegou a converterse nun modelo da disciplina beneditina. A importancia da institución e de seu abade Berthold Dietmay neste período quedan evidenciadas pola suntuosidade das reformas que mandou realizar entre 1702 e 1736. Nesta época, a abadía desenvolvía unha significativa actividade tamén na música e nas artes liberais.

 
A escaleira da biblioteca
 
Interior da biblioteca
 
Interior da igrexa.
 
Teito do "salón de mármore".

Por mor da súa sona, a abadía foi relativamente excluída das profundas reformas relixiosas levadas a cabo polo emperador Xosé II, aínda que, en virtude destas reformas, sufriu algunhas restricións administrativas, viu trasladada a súa escola secundaria, chegou a pecharse a súa escola de teoloxía e sufriu a ampliación da súa xurisdición eclesiástica, pasando a ser responsable de 27 parroquias.

Idade Contemporánea

editar

As dificultades aínda se agravarían coas guerras napoleónicas, aínda que o século XIX viu as primeiras obras de restauración do edificio e a modernización das súas infraestruturas.

Os malos momentos da economía austríaca levaron a abadía ás portas da disolución despois do Anschluss de 1938. Os monxes sufriron ameazas de prisión e o edificio foi confiscado e transformado en escola secundaria. No entanto, conseguiu sobrevivir a todo e volveu ser un centro de cultura e espiritualidade, mundialmente recoñecido.

Entre 1975 e 2001 o complexo pasou por unha gran restauración, e o seu interese pasou a centrarse sobre todo no turismo cultural. Foi sede de importantes exposicións de arte e historia, representacións teatrais e concertos de música. Creouse tamén un museo sobre a historia da abadía, e a actividade docente tamén se expandiu, ata atender preto de 900 alumnos.

No aspecto relixioso, a abdía continúa a ser a cabeza de 23 parroquias da rexión.

Arquitectura

editar

A abadía de Melk é un enorme complexo arquitectónico que abrangue o mosteiro, as escolas, os espazos culturais, a igrexa e a biblioteca. Está situada á beira do río Danúbio e sobre a cidade de Melk, polo que goza dun panorama privilexiado da rexión.

É un bo exemplo do luxo e do refinamento do barroco xermánico. Fai un maxistral aproveitamento da topografia do terreo e o perfil dos edificios dá conta do destacable sentido do paisaxismo e da pericia do seu arquitecto, Jakob Prandtauer, que redefiniu as fachadas e os interiores dos edificios máis antigos. Os seus interiores están luxosamente decorados con frescos, mármores, esculturas e tallas de madeira dourada. A igrexa e a biblioteca son particularmente salientables neste sentido.

Biblioteca

editar

A biblioteca posúe doce salas cun acervo de cerca de 1.888 manuscritos, 750 incunables e milleiros de obras editadas a partir do século XVI, o que fai un total de máis de cen mil volumes, que abranguen Teoloxía, Xeografía, Dereito, Historia, Lingüística e Astronomia, á parte dunha sección especial para as Biblias. O interior ten unha magnífica talla en madeira e unhas escaleiras en espiral de gran beleza, ademais de frescos alegóricos de Paul Troger.

Igrexa

editar

O maior atractivo da Abadía de Melk é súa igrexa barroca, concibida desde o inicio como unha obra de glorificación de Deus a través da beleza. A fisionomía actual do templo data das grandes reformas incitadas polo abade Dietmayr no inicio do século XVIII, e realizadas polo arquitecto Prandtauer e por Antonio Beduzzi (deseño dos interiores, esbozos e frescos), Johann Michael Rottmayr (frescos e pinturas do altar), Paul Troger (pinturas do altar), Giuseppe Galli-Bibiena (deseño do púlpito e do altar maior), Lorenzo Mattielli (deseño das esculturas) e Peter Widerin (esculturas).

O órgano

editar

O grande órgano da igrexa da abadía é obra do vienés Gottfried Sonnholz. Sufriu en 1929 algunhas deterioracións durante as obras de remodelación, pero en 1970, Gregor Hradetzky de Krems construíu un órgano de caixa totalmente mecánico, con tres teclados, 45 rexistros e 3.280 tubos, que combina perfectamente coas características acústicas do edificio.

O museo

editar

O museo da Abadía de Melk foi instituído recentemente nos antigos apartamentos imperiais, e dotouse cos máis modernos equipamentos expositivos, para presentar mostras temáticas e un precioso acervo de tesouros antigos.

A abadía na cultura

editar

Filatelia e numismática

editar
  • En 1951, emitiuse un billete en Austria con valor facial de 50 xilins austríacos no que se amosaba unha panorámica da abadía de Melk e o seu contorno xeográfico.
  • O 7 de maio de 1963, a institución postal de Austria publicou un selo pertencente á serie de monumentos históricos do país, con valor de 20 xilins.
  • A abadía de Melk foi seleccionada en abril de 2007 como motivo central dunha moeda de prata conmemorativa destinada ao coleccionismo, co valor facial de dez euros. o seu anverso amosa unha vista da fachada da igrexa da abadía e as súas dúas ás laterais. Pódense observar as torres barrocas xemelgas e a gran cúpula da igrexa tras elas.[5]

Turismo

editar
  • Wachau e a abadía de Melk foron votados como o mellor destino histórico do mundo pola revista National Geographic Traveler en novembro de 2008.[6]
  • No parque Mini-Europe, situado ao pé do Atomium de Bruxelas, Austria está representada por un modelo a escala da abadía.

Literatura

editar
  • Umberto Eco chamou Adso de Melk a un dos protagonistas da súa famosa novela O nome da rosa, como tributo á abadía e á súa afamada biblioteca.[7]
  1. "Melk Abbey." En Aeiou Encyclopedia (en inglés)
  2. "Benedictine Abbey of Melk". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)
  3. Ellegast, Bukhard. Melk Abbey. Ed. Stift Melk. 1998. P. 51 (en inglés)
  4. Toke, L. "Abbey and Congregation of Melk". En The Catholic Encyclopedia. Ed. Robert Appleton Company. Nova York, 1911 (en inglés)
  5. Información sobre a moeda Arquivado 05 de abril de 2018 en Wayback Machine.. Web da Münze Österreich (Casa da Moeda de Austria) (en inglés)
  6. "Stift Melk zur "Best Historic Destination" gekürt". En Die Presse. 26 de marzo de 2009 (en alemán)
  7. "Melk, el monasterio donde nació El nombre de la rosa". La Vanguardia, 22 de marzo de 1984 (en castelán)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
iOS 9
mac 3
os 81
todo 4
web 3