Academia da Lingua Hebrea
A Academia da Lingua Hebrea (en hebreo: הָאָקָדֶמְיָה לַלָּשׁוֹן הָעִבְרִית, ha-akademya la-lashon ha-ivrit) foi fundada polo Goberno de Israel en 1953 como a «Institución Suprema para o Estudo da Lingua Hebrea».
Academia da Lingua Hebrea | |
---|---|
Tipo | regulador lingüístico e statutory corporation |
Data de fundación | 1953 |
Fundador(es) | Eliezer Ben-Yehuda |
Sede | Xerusalén |
En | Givat Ram |
País | Israel |
31°46′20″N 35°11′55″L / 31.772316666667, 35.198530555556 | |
Na rede | |
http://hebrew-academy.org.il | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Historia
editarA Academia substituíu o Consello da Lingua Hebrea (Vaʻad ha-lashon ha-ʻIvrit) establecido en 1890 por Eliezer Ben-Yehuda, quen foi o seu primeiro presidente. Conforme o hebraico se converteu na lingua falada en Palestina e foi adoptada polo sistema educativo, o Consello da Lingua Hebrea publicou numerosos boletíns e dicionarios. Acuñou miles de palabras que están en uso diario actualmente.
A súa sucesora, a Academia da Lingua Hebrea, continuou con esta misión e é responsábel da creación de novas palabras en hebraico, a fin de adaptarse ás mutacións da propia sociedade contemporánea.
Embora o negocio da academia sexa crear novas palabras a partir de raíces e estruturas hebreas para substituír préstamos derivados doutras linguas, o seu propio nome é un préstamo, "akademya". Ela mesma aborda esta ironía na súa páxina web.[Cómpre referencia]
O obxectivo da academia, tal como se define na súa Constitución, é «dirixir o desenvolvemento da lingua hebrea de acordo coa súa natureza» (לכוון את דרכי התפתחותה של הלשון העברית לפי טבעה). A Academia é a encargada de establecer a variedade padrón do hebraico moderno baseada no desenvolvemento histórico do idioma; mais élle outorgada a última palabra no que respecta a asuntos relacionados con ortografía, gramática, transliteración e puntuación. Ademais, tamén redacta un Dicionario Histórico Hebreo.
Organización
editarA Academia está integrada por 23 membros, entre eles lingüistas, profesores en estudos xadaicos e bíblicos, así como catedráticos doutras disciplicas, poetas, escritores e tradutores, entre outros. As decisións da Academia son de carácter obrigatorio para todas as reparticións oficiais israelís.