Acento circunflexo
O acento circunflexo é un signo diacrítico consistente nun pequeno ángulo co vértice arriba colocado sobre unha vogal ou unha consoante. O seu nome procede do latín circumflexus (dobrado en torno de), tradución do grego perispomene (περισπωμένη).
^ |
---|
Acento circunflexo |
Diacríticos do alfabeto latino |
acentos |
Signos ortográficos empregados como diacríticos |
apóstrofo ( ’ ) |
Diacríticos de alfabetos non latinos |
Diacríticos do alfabeto árabe |
O acento circunflexo non se utiliza na norma oficial do galego, mais si na norma reintegracionista.
Uso en galego
editar- En textos galegos actuais tan só aparece nalgunhas palabras estranxeiras non adaptadas en galego (crêpe) ou en nomes propios doutras linguas (L’Hôpital). En galego reintegracionista, úsase do mesmo xeito ca no portugués (vogais ê e mais ô pechadas, e algún a antes de nasais, ex. âncora).
Usos noutras linguas
editar- En francés adoita representar a perda dun s.
- En chewa, ŵ denota a bilabial fricativa sonora, de aí o nome do país Malaŵi.[1]
- Sinala vogais longas en galés e friulano.
- En romanés, eslovaco e vietnamita modifica a pronuncia dalgunhas vocais.
- En portugués indica vogais pechadas.
- En esperanto úsanse ĉ, ĝ, ĥ, ĵ e ŝ, consideradas letras diferentes de c, g, h, j e s e que representan fonemas diferentes.
Uso en Matemáticas
editar- En Matemáticas emprégase o circunflexo para indicar unha variable modificada.
- En notación de conxuntos pode indicar un elemento que foi suprimido do conxunto, como en , conxunto que contén todos os elementos agás .
- En ocasións indica un vector unitario.
- En Estatística representa un estimador dun parámetro.
- Colócase tamén un circunflexo sobre o nome dun ángulo.
Notas
editar- ↑ "Malawi: Maláui, Malaui, Malauí, Malavi ou Malávi?". DicionarioeGramatica.com.br. Arquivado dende o orixinal o 17-08-2016. Consultado o 25-10-2015.