Acipenserinos
Acipenserinos Acipenserinae Rango fósil: triásico - actualidade [1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Acipenser naccarii nun acuario | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
A dos acipenserinos (Acipenserinae) é unha das dúas subfamilias en que se divide a familia dos acipenséridos, a que comprende máis especies da orde dos acipenseriformes.
Inclúe 19 especies recoñecidas repartidas en dous xéneros, Acipenser e Huso, que son os máis grandes peixes de auga doce: o exemplar máis grande coñecido até hoxe, foi un esturión beluga (Huso huso), que medía 8,5 m de longo, pesaba 13 kg e, con toda probabilidade, xa pasara o século de vida.
Esta subfamilia, cuxos representantes apareceron na Terra hai uns 200 millóns de anos, comprende formas migratorias do hemisferio norte, con moitas características especiais.
Descrición
editarO tronco, sen escamas, presenta cinco series lonxitudinais de escudos óseos (que nas distintas especies difiren en forma, tamaño e número), incluíndo, nalgunhas formas, pequenos gránulos así mesmo óseos. Nos xuvenís, os escudos están menos desenvolvidos e máis extensamente espazados, cunha forte carena que se prolonga nunha espiña.
A boca, rodeada por grandes labios, é protráctil, formando unha probóscide. Só nos exemplares moi novos das especies do xénero Acipenser cando aínda teñen o saco vitelino, a boca está armada de pequenos e débiles dentes; todos os adultos son desdentados. Na parte inferior do fociño están implantantadas catro barbelas, que difiren de especie a especie en forma e posición.
A aletas dorsal, anal e ventrais están implantadas moi posteriormente no corpo.
Xeralmente, o corpo ten unha coloración verde oliva, gris o apardazada polas partes superiores, e abrancazada ou amarelada na rexión ventral, por debaixo dos escudos dos flancos.
Taxonomía
editarSegundo o ITIS, a subfamilia comprende dous xéneros, cun total de 23 especies:[2]
- Subfamilia Acipenserinae
- Xénero Acipenser Linnaeus, 1758
- Acipenser albertensis Lambe, 1902
- Acipenser baerii Brandt, 1869
- Acipenser brevirostrum Lesueur, 1818
- Acipenser dabryanus Duméril, 1869
- Acipenser fulvescens Rafinesque, 1817
- Acipenser gueldenstaedtii Brandt & Ratzeburg, 1833
- Acipenser kikuchii Jordan & Snyder, 1901
- Acipenser medirostris Ayres, 1854
- Acipenser multiscutatus Tanaka, 1908
- Acipenser naccarii Bonaparte, 1836
- Acipenser nudiventris Lovetsky, 1828
- Acipenser ornatus Leidy, 1873
- Acipenser oxyrinchus Mitchill, 1815
- Acipenser persicus Borodin, 1897
- Acipenser ruthenus Linnaeus, 1758
- Acipenser schrenckii Brandt, 1869
- Acipenser sinensis Gray, 1835
- Acipenser stellatus Pallas, 1771
- Acipenser sturio Linnaeus, 1758 – esturión europeo, sollo rei
- Acipenser toliapicus Agassiz, 1844
- Acipenser transmontanus Richardson, 1836
- Xénero Huso Brandt & Ratzeburg, 1833
- Huso dauricus (Georgi, 1775)
- Huso huso (Linnaeus, 1758) – esturión beluga
Notas
editar- ↑ Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften
- ↑ Acipenserinae en ITIS.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Acipenserinos |
Bibliografía
editar- Birstein, V. J. & DeSalle, R. (1998): "Molecular phylogeny of Acipenserinae". Mol. Phylogenet. Evol. 9 (1):141-55. Resumo.
- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Wiley, Edward G., en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. (eds.) (1988): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. pp. 76–79. ISBN 0-12-547665-5.</ref>
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Acipenserinae en WoRMS (en inglés)
- Acipenserinae en NCBI (en inglés)