O acoirazado[1] é un buque de guerra blindado e de grandes dimensións.
Aínda que dende a antigüidade xa se empregara bindaxe para os navíos de guerra e os viquingos no século XI chegaran a empregar pranchas metálicas, o primeiro verdadeiro acoirazado foi La Gloire, da mariña francesa, construído en 1859 e deseñado por Dupuy de Lome.

HMS Dreadnought

O combate entre o Merrimac e o Monitor, 9 de marzo de 1862, na guerra civil estadounidense demostrou a importancia da blindaxe e de aí en diante adoptáronno todas as potencias navais. En Estados Unidos perfeccionouno Harvey (1880) e en Alemaña, Krupp (1894).
O Dreadnought, acoirazado británico, construído en 1906 converteuse no navío tipo para os acoirazados. O acoirazado encarnou a máxima potencia naval entre 1860 e 1930, pero xa na primeira guerra mundial, coa aparición dos primeiros submarinos comezou o seu devalo, e sobre todo coa aparición do avión e do portaavións.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acoirazado.
  NODES
Done 1