Acroleína
composto químico
A acroleína é un aldehido de 3 carbonos (propenal) que se obtén por deshidratación da glicerina.
Características
editarA acroleína é un líquido incoloro ou amarelo de cheiro desagradable e lacrimóxeno. Disólvese facilmente en auga, evapórase rapidamente cando se quenta e inflámase facilmente. Pódense formar pequenas cantidades de acroleína e esparexerse polo aire ó queimárense árbores, tabaco, gasolina ou petróleo. É extremadamente tóxico por inhalación ou inxestión, os límites da exposición atmosférica son 0,1 ppm.
Emprégase como praguicida para controlar algas, plantas acuáticas, bacterias e moluscos. Tamén se usa na manufactura doutras substancias químicas e resinas sintéticas.