Adamantium
metal de ficción usado nos cómics de Marvel
(Redirección desde «Adamante»)
O adamantium é un metal de ficción usado principalmente nos cómics de Marvel, a substancia máis dura do Universo Marvel. É dunha extraordinaria dureza e consistencia, dez veces maior que a do diamante. O nome, tanto etimolóxica como conceptualmente, baséase no adamante da mitoloxía grega, o material do que estaba feita a fouce que Zeus lle deu a Perseo para matar a Medusa.
Unha serie de personaxes de Marvel están parcialmente compostos ou usan ferramentas de adamantium:
Adamantium, ó igual que diamante, provén do grego adamas.