Addison Emery Verrill
Addison Emery Verrill, nado en Greenwood (Maine) o 9 de febreiro de 1839 e finado en Santa Bárbara (California) o 10 de decembro de 1926, foi un zoólogo estadounidense.
Fotografía de A. E. Verrill, e sinatura | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1839 Greenwood, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 10 de decembro de 1926 (87 anos) Santa Bárbara |
Educación | Universidade Harvard |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | zoólogo, xeólogo, malacólogo, coleccionista de animais |
Empregador | Universidade Yale |
Membro de | |
Alumnos | Katharine Jeannette Bush (pt) e Wesley Roswell Coe (en) |
Influencias | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Verrill |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Flora L. Verrill (nada Smith) |
Fillos | 6, entre eles Alpheus Hyatt Verrill |
Premios | |
Membro da Academia de Artes e Ciencias de Connecticut | |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography |
Traxectoria
editarVerrill estudou zooloxía baixo a dirección de Louis Agassiz na Universidade Harvard, na que se licenciou en 1862. Sendo aínda estudante fixo viaxes de recolección científica con Alpheus Hyatt e Nathaniel Shaler no verán de 1860 a Trenton Point e á illa de Mount Desert, ambas localizades no Maine,[1] e no verán de 1861 á illa de Anticosti e ao Labrador (Canadá).[2]
En 1861, mentres estaba baixo a dirección de Louis Agassiz en Harvard, foi enviado a Washington DC para obter exemplares da Smithsonian Institution e promover relacións e interese amigables entre os científicos de Washington e os de Harvard, para fornecer o Museum of Comparative Zoology (Museo de Zooloxía Comaparada) desta universidade.[3]
Xa graduado en Harvard, en 1864 realizou varios informes sobre propiedades mineiras ou minas potenciais nos estados de Nova Hampshire, Nova York e Pensilvania.[4] Nese mesmo ano aceptou un posto como primeiro profesor de Zooloxía na Sheffield Scientific School da Universidade Yale,[5] onde ensinou desde 1864 até a súa xubilación en 1907.
Baixo a dirección do profesor Spencer Fullerton Baird, Verrill estivo case tres meses traballando nas coleccións de corais da Smithsonian. O proceso de revisión da colección requiriu identificar varias especies, seleccionar exemplares tipo e constituír un conxunto de duplicados para seren enviados ao Museo de Harvard.[3] Mentres estivo en Washington, coñeceu e estableceu amizades con moitos científicos distinguidos.[6] A amizade que Verrill e o profesor Baird desenvolveron, levaron ao nomeamento de Verrill como axudante da United States Fish Commission (Comisión de Peixes dos Estados Unidos) en 1871.[7] Neste papel, que mantivo até 1887, Verrill foi o responsábel das investigacións mariñas e de todas as coleccións de invertebrados. Varios centenares de miles de exemplares recollidos entre 1871 e 1887 foron enviados a New Haven para que Verrill os clasificara, identificara, catalogara e etiquetara. Como compensación parcial polo seu traballo, despois de que o primeiro conxunto de exemplares tipo fose enviado á Smithsonian, autorizouse a manter o primeiro conxunto de duplicados como propiedade persoal. Á súa xubilación vendeu esta colección persoal ao Museo Yale Peabody de Historia Natural, onde agora forman parte da colección de Invertebrados.[8]
Entre 1868 e 1870 foi profesor de Anatomía e Entomoloxía comparadas na Universidade de Wisconsin. A partir de 1860, Verrill investigou a fauna invertebrada da costa atlántica, con especial referencia aos corais, anélidos, equinodermos e moluscos, e converteuse na máxima autoridade dos cefalópodos vivos, especialmente a lura xigante do Atlántico norte.
O seu informe sobre os Invertebrate Animals of Vineyard Sound (1874), con Sidney Irving Smith, con cuxa irmá casou, é un manual estándar da zooloxía mariña do sur de Nova Inglaterra.
Posteriormente, explorou cos seus alumnos a xeoloxía e os animais mariños das Illas Bermudas. Además de moitas outras memorias e artigos sobre os temas mencionados anteriormente, publicou The Bermuda Islands (1902; segunda edición, 1907).[9]
Verrill publicou máis de 350 traballos e monografías, e describiu máis de 1 000 especies de animais en practicamente todos os grandes grupos da taxonomía. Foi membro da Academia de Artes e Ciencias de Connecticut.
En 1959, o Museo Peabody de Yale estableceu a "Medalla de Addison Emery Verrill", concedida por logros en Ciencias Naturais.
Abreviatura
editarAs abreviaturas Verrill e A. E. Verrill, emprégase para recoñecer a Addison Emery Verrill como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Familia
editarO seu fillo, Alpheus Hyatt Verrill, coñecido como Hyatt Verrill, (1871–1954) foi zoólogo, arqueólogo, explorador, inventor, ilustrador e autor.
Notas
editar- ↑ Verrill, George Elliot (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, CA: Pacific Coast Publishing. p. 42. Consultado o 5 de febreiro de 2020.
- ↑ Verrill, George Elliot (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, CA: Pacific Coast Publishing. p. 55. Consultado o 5 de febreiro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 Verrill, George E. (1958). The Ancestry, Life and Work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, California: Pacific Coast Publishing. pp. 43.
- ↑ Verrill, George Elliot (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, CA: Pacific Coast Publishing. p. 57. Consultado o 5 de febreiro de 2020.
- ↑ Dingus, Lowell (2018). King of the Dinosaur Hunters : the life of John Bell Hatcher and the discoveries that shaped paleontology. Pegasus Books. ISBN 978-1-6817-7865-5. p. 8.
- ↑ Verrill, George E. (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Pacific Coast Pub. Co. p. 45. OCLC 427636826.
- ↑ Verrill, George E. (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Pacific Coast Pub. Co. p. 65. OCLC 427636826.
- ↑ Verrill, George E. (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Pacific Coast Pub. Co. p. 68. OCLC 427636826.
- ↑ Verrill, Addison Emery (1902): "The Bermuda Islands: Their Scenery, Climate, Productions, Physiography, Natural History and Geology: With Sketches of Their Early History and the Changes Due to Man". Transactions of the Connecticut Academy of Arts and Sciences. Vol. 11.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Addison Emery Verrill |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Addison Emery Verrill |
Bibliografía
editar- Coe, Wesley R. (1927). "Addison Emery Verrill: Pioneer Zoologist". Science 66 (1697): 28–29.
- Coe, W. R. (1929). "Biographical memoir of Addison Emery Verrill 1839-1926". National Academy of Sciences of the United States of America. Biographical Memoirs. XIV (2): 19-66. PDF
- Coe, Wesley R. (1932). "Addison Emery Verrill (1839-1926)" (PDF). Biographical Memoirs (National Academy of Sciences) 14 (2).
- Sterling, Keir B., ed. (1997). "Verrill, Addison Emery". Biographical Dictionary of American and Canadian Naturalists and Environmentalists. Greenwood Press.
- Verrill, George Elliot (1958). The Ancestry, Life and Work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, Calif.: Pacific Coast Pub. Co.