Adelaida del Vasto

Adelaida del Vasto (coñecida tamén como Adelasia ou Azalaïs), nada en 1075 no Piemonte e finada o 16 de abril de 1118 en Patti, preto de Messina, foi condesa de Sicilia como a terceira esposa de Roxerio I de Sicilia, e raíña consorte de Xerusalén por matrimonio con Balduíno I de Xerusalén.

Modelo:BiografíaAdelaida del Vasto

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(it) Adelasia del Vasto Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1075 Editar o valor en Wikidata
Savona, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte16 de abril de 1118 Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Patti, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSicilia Editar o valor en Wikidata
Rexente
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónconsorte Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña de Xerusalén (1113–1117)
Condesa consorte de Sicilia (1089–1101) Editar o valor en Wikidata
FamiliaAleramici (pt) Traducir e Del Vasto (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBalduíno I de Xerusalén (1113–1117)
Roxelio I de Sicilia (1089–1101) Editar o valor en Wikidata
FillosMaximilla of Sicily
 () Roxelio I de Sicilia
Mathilde de Hauteville
 () Roxelio I de Sicilia
Maximilla di Altavilla
 () Roxelio I de Sicilia
Simón de Sicilia
 () Roxelio I de Sicilia
Roxerio II de Sicilia
 () Roxelio I de Sicilia Editar o valor en Wikidata
PaiManfredo Incisa del Vasto Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Vasto-1

Foi rexente de Sicilia durante a minoría dos seus fillos Simón de Sicilia e Roxerio II de Sicilia desde 1101 até 1112.

Traxectoria

editar

Familia

editar

Era filla de Manfredo del Vasto, irmán de Bonifacio del Vasto, marqués de Savona e da Liguria Occidental. Seu tío tiña moita influencia política na rexión de Liguria, xa que un documento que relata as fazañas de Roxerio o describe como o marqués máis famoso de Italia.[1] A familia de seu pai era descendente directa duna rama dos Aleramici (a del Vasto), importante familia feudal piemontesa de orixe franca, compartindo unha descendencia común desde Aleramo de Montferrato cos marqueses de Montferrato. Seus irmáns fundaron as liñas dos marqueses de Saluzzo, de Busca, de Lancia, de Ceva e de Savona.

Seus avós paternos foron Teto II del Vasto e a súa esposa Berta de Turín, filla do marqués Ulrico Manfredo II de Turín.

Condesa consorte de Sicilia

editar

En 1089 Adelaida, de 14 anos, casou con Roxerio I de Sicilia, de 58 anos, ao tempo que unha irmá casou co fillo ilexítimo de Roxerio, Jordan. Roxerio morreu en 1101, e Adelaida gobernou como rexente de Sicilia durante a minoridade dos seus fillos Simón e Roxerio. Adelaida era moi xove cando asumiu o cargo de rexente, só tiña 26 anos nese momento.[2] Durante o seu mandato Palermo estableceuse como a capital do condado.

Case inmediatamente despois de que Adelaida asumise o cargo de rexente estalaron rebelións en partes de Calabria e Sicilia.[3] Os escritos do monxe beneditino normando Orderico Vital contan que Adelaida puxo fin a estes episodios de insurxencia con severidade.[2] Porén, o uso dunha gran forza para reprimir tales rebelións non danou a súa reputación como gobernante. De feito, a Historia de Rogerio I do abade Alexander de Telese describe a Adelaida como «unha muller moi prudente, pois exerceu os coidados do goberno, e gobernou o condado».[3] Unha carta en grego e árabe de 1109 describe a Adelaida como «a gran gobernante feminina, a malikah de Sicilia e Calabria, a protectora da fe cristiá».[2]

O fillo máis vello de Adelaida, Simón, foi entronizado cando tiña nove anos, pero morreu en 1105 aos doce anos, deixando a Adelaida como rexente até que o pequeno Roxerio, de dez anos, alcanzou a maioría de idade en 1112, cando cumpriu os 17 anos.[4] O segundo fillo de Adelaida, Roxerio II, tomou o control do condado en 1112, pero hai probas de que Adelaida seguiu desempeñando un papel central no goberno da illa, xa que a súa sinatura pode verse nos documentos oficiais que se conservan, incluso despois de 1112.[5]

Adelaida, e Roxerio II despois dela, decidiron gobernar coa axuda de funcionarios locais en lugar de importar un séquito de asesores estranxeiros, xa que recoñecen a gran vantaxe da súa familiaridade coa illa, a súa xente e as súas culturas. Do mesmo modo, tivo o coidado de doar xenerosamente aos mosteiros ortodoxos gregos de Sicilia como unha forma de ganar o favor das autoridades relixiosas preexistentes.[2] Ben sexa pola súa influencia ou baixo a súa rexencia, ao seu irmán Henrique del Vasto, que estaba casado cunha filla de Roxerio I, se lle concederon Paternò e Butera.

Como curiosidade pódese citar que o primeiro documento en papel de Europa é unha carta ditada en castelán medieval e escrita en caracteres gregos e árabes que Adelaida del Vasto enviou en 1109 ao seu fillo Roxerio, futuro rei de Sicilia. Este novo material de escritura chegou a París, a través de España, coincidindo coa inauguración da Universidade desa cidade.[6]

Raíña consorte de Xerusalén

editar

Mentres tanto, no reino de Xerusalén, despois da morte da primeira esposa de Balduíno I de Xerusalén, Godehilde, durante a Primeira Cruzada, Balduíno casou cunha armenia nobre coñecida como Arda de Armenia. Arda foi moi útil nunha alianza cos armenios mentres que Balduíno era aínda simplemente o conde de Edesa, pero cando se converteu en rei de Xerusalén en 1100 pareceulle que para un rei non era adecuada unha esposa armenia, polo que Arda foi obrigada a entrar nun convento ao redor de 1105.

En 1112 buscouse unha nova esposa para o rei. Arnulfo de Chocques, patriarca latino de Xerusalén, suxeriu que Balduíno casase con Adelaida, xa que Roxerio II era o suficientemente maior para gobernar el só a Sicilia. Balduíno enviou embaixadores a Sicilia, e dalgunha maneira aceptou calquera condición que Adelaida puidese poñer; Adelaida exixiu que seu fillo, se tivesen un, herdaría Xerusalén, e se non tivesen fillos, o reino pasaría ao seu propio fillo Roxerio II. Adelaida levou consigo unha enorme cantidade de diñero que tanto se necesitaba no reino, así como algúns arqueiros musulmáns e uns mil soldados sicilianos.

Adelaida estaba entrando na mediana idade e non había ningún novo herdeiro de inmediato. O rei foi culpado dun matrimonio bígamo, xa que Arda aínda estaba viva e o Patriarca Arnulfo foi deposto. O papa Pascual II acordou reinstalalo en 1116, sempre que anulase o matrimonio entre Balduíno e Adelaida. Balduíno estivo de acordo despois de enfermar e asumir que renunciar ao seu pecado de bigamia o curaría. En 1117 a anulación realizouse en Acre, e Adelaida navegou de regreso a Sicilia.

 
Sepultura de Adelaida del Vasto na Catedral de Patti

Adelaida morreu o 16 de abril de 1118 en Patti e foi enterrada na súa Catedral.

Seu fillo Roxerio II indignouse polo trato que lle deran á súa nai no reino de Xerusalén, ao que nunca perdoou. Case trinta anos despois, Roxerio aínda se negou a axudar os estados cruzados durante a Segunda Cruzada.

Guillerme de Tiro escribiu sobre o impacto do incidente:

O fillo de Adelaida estaba anoxado sen medida, porque a enviaran de regreso. El enxendrou un odio mortal contra o reino e a súa xente. Outros príncipes cristiáns en diversas partes do mundo, xa sexa por vir en persoa ou por regalos xenerosos, amplificaron o noso infantil reino. Pero el e os seus herdeiros na actualidade nunca se reconciliaron connosco na medida dunha soa palabra amiga. Aínda que puideron ter aliviado as nosas necesidades por consello e axuda moito máis facilmente que outro príncipe, porén, sempre recordou os seus erros e vingou inxustamente todo o pobo por culpa dun só individuo.
Guillerme de Tiro. Citado en Hubert Houben (2002): Roger II of Sicily: A Ruler Between East and West, p. 28
  1. Wolf 2005, p. 189.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Houben 2002.
  3. 3,0 3,1 Graham 2012.
  4. Takayama 1993, p. 20.
  5. Takayama 1993, p. 47.
  6. Illich, Iván (2002). En el viñedo del texto. Fondo de Cultura Económica. p. 150. ISBN 968-16-6531-7. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Houben, Hubert (2002): Roger II of Sicily: A Ruler Between East and West. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5216-5573-6.
  • Loud, Graham A. (2012): Roger II and the Making of the Kingdom of Sicily. Manchester: Manchester University Press. ISBN 978-0-7190-8201-6.
  • Takayama, Hiroshi (1993): The Administration of the Norman Kingdom of Sicily. Leiden/New York: E. J. Brill. ISBN 9-0040-9920-4.
  • Wolf, Kenneth Baxter (2005): The Deeds of Count Roger of Calabria and of His Brother Duke Robert Guiscard. University of Michigan Press, ISBN ‎978-0-4721-1459-7.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


  NODES
iOS 5
multimedia 1
os 74
text 1
todo 3