Advocación mariana
No catolicismo, unha advocación mariana é cada un dos nomes con que se referir á Virxe María, segundo os seus misterios, as súas aparicións, os seus dons, os seus atributos ou as circunstancias históricas e xeográficas.[1][2] A Igrexa católica admite numerosas advocacións, ás que se rende culto de diversas maneiras.
Tipos de advocacións
editarPódense agrupar a maioría das advocacións marianas en diversas categorías:[3]
- Relativas aos misterios ou pasaxes da vida da Virxe, como a Inmaculada Concepción, a Anunciación, a Asunción, a Presentación etc.
- Relativas a verdades teolóxicas abstractas, como a Esperanza, a Caridade, a Consolación etc.
- Relativas aos estados físicos ou psicolóxicos da Virxe, como as Dores, a Soidade etc.
- Relativas á súa condición de mediadora e protectora da humanidade, como Auxiliadora, as Mercedes, os Remedios etc.[4]
- Relativas a froitos, flores, aves... utilizados como símbolos das súas calidades, como o Piñeiro, a Granada, a Pomba etc.
- Relativas a accidentes xeográficos, xeralmente coincidentes coas paraxes onde se atopan os seus santuarios, como Carme, o Mar, Fátima, Lurdes, Cela etc.
As advocacións marianas adóitanse nomear coas fórmulas “Santa María de”, “Virxe de” ou “Nosa Señora de”. Mais tamén, as advocacións adoitan dar lugar en moitos casos a nomes propios femininos, compostos do nome María e mais da súa advocación: María do Carme, María das Dores, María de Lourdes etc.
Aínda que o nome sexa diferente en canto ao atributo relativo á Virxe María sempre se refire unicamente a ela, así se faga mención de varios nomes nun mesmo momento, a instancia é a mesma, a Virxe María.
Celebración
editarA Igrexa católica conmemora as distintas advocacións da Virxe convertidas nunha tradición e que se incluíron ao longo do ano litúrxico, algunhas incluídas no calendario romano xeral e a maioría nos calendarios propios das igrexas locais ou as ordes relixiosas.
Moitas advocacións locais celébranse coincidindo coa Inmaculada Concepción, a Natividade, a Asunción ou durante o mes de maio, que a Igrexa dedica tradicionalmente á Virxe.
Notas
editar- ↑ "Advocaciones marianas".
- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2023-10-19.
- ↑ González Gómez, Juan Miguel (1992). Escultura mariana onubense : historia, arte, iconografía. Instituto de Estudios Onubenses "Padre Marchena" , Excma. Diputación Provincial de Huelva. p. 17. ISBN 8485268873. OCLC 15683701.
- ↑ "Mediación Universal de María Santísima | Rosal Misionero" (en castelán). Consultado o 7 de julio de 2018.