Aerococcus
Aerococcus | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
A. viridans Williams et al., 1953 |
Aerococcus é un xénero de bacterias do filo Bacillota (Firmicutes).[1] O xénero foi inicialmente identificado en 1953 en mostras de aire e po como un coco catalase negativo, grampositivo que crecía formando pequenos grupos.[2] Foron despois atopados en ambientes hospitalarios e en salmoiras para a curación de carne.[3] Sempre foi difícil de identificar, xa que é moi semellante ao Streptococcus alfa-hemolítico en placas de ágar sangue e é difícil de identificar por medios bioquímicos.[4] A secuenciación do seu ARNr 16S converteuse no método estándar para a súa identificaicón, pero outras técnicas como a MALDI-TOF tamén foron útiles para a identificación do xénero e as especies.[4]
Etimoloxía
editarO nome Aerococcus deriva do grego aer, aeros (ἀήρ, ἀέρος), aire; e do latín científico coccus (á súa vez procedente do grego kokkos (κόκκος)), unha baga, polo que significa 'coco do aire'.[5] Este nome déuselle debido á súa forma redonda e a que foi inicialmente descuberto en mostras de aire.[2]
Especies
editarO xénero comprende estas especies:[5]
- A. christensenii Collins et al., 1999, nomeada en honra do microbiólogo danés Jens J. Christensen.[6]
- A. sanguinicola Lawson et al., 2001 do latín 'habitante do sangue'.[7]
- A. suis Vela et al., 2007, do latín 'porco'.[8]
- A. urinae Aguirre & Collins, 1992, do latín 'da urina'.[9]
- A. urinaeequi (Garvie, 1988) Felis et al., 2005, do latín "da urina dos cabalos", que foi a fonte para o illamento da cepa tipo.[10]
- A. urinaehominis Lawson et al., 2001, do latín 'da urina humana', da cal se illou a capa tipo.[11]
- A. viridans Williams et al., 1953. É a especie tipo do xénero e o nome procede do latín 'facer verde', xa que produce esa cor.[12] Axente causante da gaffkemia, unha doenza dos lumbrigantes.[13]
Notas
editar- ↑ Classification of Genera AC Entrada en LPSN [Euzéby, J.P. (1997). "List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature: a folder available on the Internet". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 47 (2): 590–2. PMID 9103655. doi:10.1099/00207713-47-2-590.]
- ↑ 2,0 2,1 Williams, R. E. O.; Hirch, A.; Cowan, S. T. (1953-06-01). "Aerococcus, a New Bacterial Genus". Journal of General Microbiology 8 (3): 475–480. PMID 13061751. doi:10.1099/00221287-8-3-475.
- ↑ Aguirre, M.; Collins, M. D. (1993-05-01). "Development of a polymerase chain reaction test for specific identification of the urinary tract pathogen Aerococcus urinae". Journal of Clinical Microbiology 31 (5): 1350–1353. ISSN 0095-1137. PMC 262936. PMID 7684752.
- ↑ 4,0 4,1 Rasmussen, Magnus (xuño de 2013). "Aerococci and aerococcal infections". Journal of Infection 66 (6): 467–474. PMID 23277106. doi:10.1016/j.jinf.2012.12.006.
- ↑ 5,0 5,1 Aerococcus Entrada en LPSN [Euzéby, J.P. (1997). "List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature: a folder available on the Internet". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 47 (2): 590–2. PMID 9103655. doi:10.1099/00207713-47-2-590.]
- ↑ "Note: Aerococcus christensenii sp. nov., from the human vagina". Ijs.sgmjournals.org. 1999-07-01. Arquivado dende o orixinal o 2009-12-03. Consultado o 2012-07-06.
- ↑ "Notification that new names and new combinations have appeared in volume 50, part 2, of the IJSEM". Ijs.sgmjournals.org. 2001-05-01. Arquivado dende o orixinal o 2008-08-28. Consultado o 2012-07-06.
- ↑ Vela, A. I.; Garcia, N.; Latre, M. V.; Casamayor, A.; Sanchez-Porro, C.; Briones, V.; Ventosa, A.; Dominguez, L.; Fernandez-Garayzabal, J. F. (2007). "Aerococcus suis sp. Nov., isolated from clinical specimens from swine". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 57 (6): 1291–1294. PMID 17551045. doi:10.1099/ijs.0.64537-0.
- ↑ "Validation of the Publication of New Names and New Combinations Previously Effectively Published Outside the IJSB". Ijs.sgmjournals.org. 1992-07-01. Arquivado dende o orixinal o 2009-04-18. Consultado o 2012-07-06.
- ↑ Giovanna E. Felis; Sandra Torriani; Franco Dellaglio (2005-01-14). "Reclassification of Pediococcus urinaeequi (ex Mees 1934) Garvie 1988 as Aerococcus urinaeequi comb. nov". Ijs.sgmjournals.org. Arquivado dende o orixinal o 2008-04-30. Consultado o 2012-07-06.
- ↑ P A Lawson; E Falsen; M Ohlén; M D Collins (2001-03-01). "Aerococcus urinaehominis sp. nov., isolated from human urine". Ijs.sgmjournals.org. Arquivado dende o orixinal o 2008-10-10. Consultado o 2012-07-06.
- ↑ "Approved Lists of Bacterial Names". Ijs.sgmjournals.org. 1980-01-01. Arquivado dende o orixinal o 2009-09-04. Consultado o 2012-07-06.
- ↑ Spencer J. Greenwood; Ian R. Keith; Béatrice M. Després; Richard J. Cawthorn (2005). "Genetic characterization of the lobster pathogen Aerococcus viridans var. homari by 16S rRNA gene sequence and RAPD" (PDF). Diseases of Aquatic Organisms 63 (2–3): 237–246. PMID 15819439. doi:10.3354/dao063237.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |