Aeroporto internacional Arturo Merino Benítez
O aeroporto internacional Arturo Merino Benítez (IATA: SCL, OACI: SCEL), tamén coñecido como aeroporto internacional de Santiago e aeroporto Novo Pudahuel, é un aeroporto chileno situado en Pudahuel, a 15 quilómetros ao noroeste do centro d a cidade de Santiago de Chile. Trátase do aeroporto máis grande e concorrido de Chile.
Aeroporto internacional Arturo Merino Benítez Aeropuerto Internacional Comodoro Arturo Merino Benítez
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público/militar | ||
Propietario | Goberno de Chile | ||
Operador | Nuevo Pudahuel | ||
Cidade/Illa | Santiago de Chile | ||
Localización | Pudahuel | ||
Elevación (msnm) | 474 metros / 1 555 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17R/35L | 3 800 | 12 467 | asfalto |
17L/35R | 3 748 | 12 298 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 19 189 845 |
O aeroporto ten servizos domésticos e internacionais a destinos en Europa, Oceanía e América. No ano 2017 foi o sexto aeroporto máis concorrido de Suramérica en número de pasaxeiros. A súa situación na área máis poboada de Chile, ademais de estar na parte central do país, fan del un centro de conexións ideal para a meirande parte das aeroliñas chilenas, como LATAM e Sky Airline. LATAM realiza ao redor do 82% das operacións comerciais do aeroporto.
O aeroporto é propiedade do goberno chileno e dende outubro de 2015 vén sendo operado por Nuevo Pudahuel, un consorcio de compañías formado por Aéroports de Paris (Francia), Vinci (Francia) e Astaldi (Italia). O control do tráfico aéreo está operado pola Dirección Xeral de Aeronáutica Civil chilena. Nas súas instalacións tamén están a baseadas varias unidades da Forza Aérea de Chile.
Santiago é o destino sen escalas máis afastatado para moitas aeroliñas europeascomo Iberia, Air France, Alitalia e British Airways dende os seus respectivos centros de conexión nos aeroportos de Madrid-Barajas, París-Charles de Gaulle, Roma-Fiumicino e Londros-Heathrow.
É a principal porta de entrada de Suramérica cara Oceanía, con voos regulares a Sydney, Auckland, a Illa de Pascua, Papeete e Melbourne. A ruta entre Santiago e Melbourne sen escalas operada por LATAM Chile é o voo máis longo operado dende o aeroporto.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarNotas
editar- ↑ Routes Online (ed.). "Air Canada splits Argentina / Chile service from May 2018". Consultado o 17 de febreiro de 2018.
- ↑ Australian Business Traveller (ed.). "LATAM to fly Melbourne-Santiago from October 2017". Consultado o 17 de febreiro de 2018.
- ↑ Aviation News (ed.). "Latin American Wings will fly to Miami and New York since January". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2017. Consultado o 17 de febreiro de 2018.
- ↑ Preferente (ed.). "Plus Ultra volará a Chile a través del hub en Madrid". Consultado o 18 de febreiro de 2018.
- ↑ Expreso (ed.). "Plus Ultra volará de Barcelona a Santiago de Chile". Consultado o 18 de febreiro de 2018.
- ↑ Panrotas (ed.). "Confirmado: Rota Rio-Doha começa no final de janeiro". Consultado o 18 de febreiro de 2018.