Aeroporto Daniel K. Inouye
O aeroporto internacional Daniel K. Inouye (IATA: HNL, OACI: PHNL), tamén coñecido como aeroporto internacional de Honolulu, é a principal porta de entrada por aire á cidade e condado de Honolulu, no estado de Hawai. É un dos aeroportos máis concorridos dos Estados Unidos, con 19 950 125 pasaxeiros no ano 2016.[1]
Aeroporto Daniel K. Inouye Daniel K. Inouye International Airport
Kahua Mokulele Kauʻāina o Honolulu | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público/militar | ||
Propietario | Estado de Hawai | ||
Operador | Department of Transportation | ||
Localización | Honolulu | ||
Elevación (msnm) | 4 metros / 13 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
4L/22R | 2 119 | 6 952 | asfalto |
4R/22L | 2 743 | 9 000 | asfalto |
4W/22W | 914 | 3 000 | auga |
8L/26R | 3 753 | 12 312 | asfalto |
8R/26L | 3 658 | 12 000 | asfalto |
8W/26W | 1 524 | 5 000 | auga |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 19 950 125[1] |
O aeroporto foi bautizado na honra do senador e receptor da Medalla de Honra Daniel K. Inouye, que representou a Hawai dende 1963 ata a súa morte en 2012. Está situado a 5 quilómetros ao noroeste do distrito financeiro de Honolulu.
O aeroporto serve como centro de conexións principal de Hawaiian Airlines, a aeroliña máis grande baseada en Hawai. Hawaiian Airlines ofrece voos entre os distintos aeroportos das illas de Hawai e tamén voa cara Estados Unidos, Australia, Nova Zelandia, Samoa Americana, Tahití, Xapón, China, Filipinas e Corea do Sur.
Tamén é a base de Aloha Air Cargo, que anteriormente ofrecía servizos de carga e pasaxeiros baixo o nome de Aloha Airlines. A aeroliña cesou as súas operacións de pasaxeiros o 31 de marzo de 2008 e vendeu os seus servizos de carga á compañía de Seattle Saltchuk Resources, Inc.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Department of Transportation Hawaii (ed.). "Airport Activity Statistics" (PDF). Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Flight Global (ed.). "Virgin America flights become Alaska next April". Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ Vacations Hawaii (ed.). "Flight Schedule". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2017. Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Hawaiian Airlines plans Long Beach late-May 2018 launch". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ Pacific Business News (ed.). "Minnesota-based airline launching service to Hawaii". Consultado o 9 de maio de 2018.