Aeroporto de Kuressaare
O aeroporto de Kuressaare (IATA: URE, OACI: EEKE) é un aeroporto estoniano situado a 2,8 quilómetros ao sur da cidade de Kuressaare, na illa de Saaremaa.
Aeroporto de Kuressaare Kuressaare lennujaam
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Cidade/Illa | Kuressaare | ||
Elevación (msnm) | 4 metros / 14 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17/35 | 2 000 | 6 562 | asfalto |
05/23 | 799 | 2 621 | asfalto |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 19 231 | ||
[1] |
A súa primeira pista de aterraxe foi construída na segunda metade dos anos 30 e o aeroporto inaugurouse oficialmente o 6 de marzo de 1945. O tráfico incrementouse durante os anos seguintes e entre 1949 e 1953 había entre 10 e 14 voos diarios entre Kuressaare e Talín. Durante ese tempo ao redor de 400 pasaxeiros voaba directamente a través do aeroporto. As súas instalacións non tiveron electricidade ata o ano 1958. A terminal actual foi construída en 1962 e a segunda pista, a 05/23, en 1976. En 1999 alongouse a pista principal e en 2007 modernizouse a terminal.
Aeroliñas e destinos
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Transaviabaltika | Talín |
FLN Frisia Luftverkehr | Estacional: Ruhnu |
Notas
editar- ↑ Great Circle Mapper (ed.). "URE - Airport". Consultado o 17 de maio de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web do aeroporto Arquivado 28 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.