Afonso Sanchez
Afonso Sanchez, nado en Cerva (Vila Real) o 24 de maio de 1289 e finado en Escalona (provincia de Toledo) o 2 de novembro de 1329, foi un infante e trobador portugués, fillo bastardo do rei don Dinís.
Nome orixinal | (pt) Afonso Sanches |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de maio de 1289 (Gregoriano) Entre Douro e Miño, Portugal |
Morte | 2 de novembro de 1329 (40 anos) Escalona, España |
Actividade | |
Ocupación | trobador, poeta |
Familia | |
Fillos | João Afonso de Albuquerque |
Pais | Dinis de Portugal e Aldonça de Sousa |
Irmáns | Constança de Portugal Afonso IV de Portugal Don Pedro, conde de Barcelos |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Traxectoria
editarGrazas a que a raíña Sabela chamou a todos os fillos do rei para a corte, tivo unha educación de calidade e o aprecio do rei, que o recoñeceu como lexítimo o 8 de maio de 1304, e o nomeou mordomo da coroa, unha especie de primeiro ministro, provocando os celos do herdeiro da coroa, Afonso. Isto levou á guerra civil (1319-1324) e á tentativa de Afonso Sanchez de invadir Portugal dende Castela, onde estaba exiliado e tiña o título de señor de Albuquerque, construíndo un castelo no que Inés de Castro viviu varios anos.
Distinguiuse como trobador e consérvanse 15 cantigas súas, a maioría de amor, nun estilo moi culto.
Véxase tamén
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Afonso Sanches |
Bibliografía
editar- "Afonso Sanchez". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 13. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 22. ISBN 84-8288-019-5.