Alberto Vilanova
Alberto Vilanova Rodríguez, nado en Ourense o 5 de xullo de 1910 e finado na mesma cidade o 13 de maio de 1985, foi un ensaísta e profesor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1910 Ourense, España |
Morte | 13 de maio de 1985 (74 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Actividade | |
Ocupación | mestre, xornalista, escritor |
Membro de | |
Traxectoria
editarCursou bacharelato e Maxisterio en Ourense, e Dereito e Filosofía e Letras en Madrid e Valladolid. Foi mestre en Almorfe e Trasmiras. Na República militou no republicanismo de esquerda, dirixiu as Juventudes de Acción Republicana de Ourense e colaborou en La Zarpa e Heraldo de Galicia. Co Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo preso no mosteiro de Oseira.
Finalizada a Guerra Civil traballou como profesor en colexios privados de Chantada e Ourense, onde tamén colaborou na revista Posío. Como consecuencia da invitación do Centro Ourensán para unhas conferencias, trasladouse a Buenos Aires en 1954. Na Arxentina conseguiu a praza de Lingua e Literatura Galaico-Portuguesa na Universidade Nacional da Plata. Entre 1956 e 1959 ocupou a cátedra de Cultura Galega no Centro Lucense de Bos Aires. Rexentou tamén as cátedras de Historia Medieval e Moderna e dirixiu o Instituto de Investigacións Históricas da Universidade Nacional do Nordeste. Foi presidente da Comisión de Cultura do Consello de Galiza.
Retornou a Galicia en 1982.
Vida persoal
editarCasou en Sanín (Ribadavia) con Nieves Fernández en marzo de 1936[1].
Obras
editar- Vida y obra de Juan Antonio Saco y Arce.
- Fray Tomás de Lemos en el proceso teológico de Galileo, 1946. Separata do tomo II do Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Ourense.
- Vida y obra de Manuel Curros Enríquez, 1953. Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires.
- Ensayo bio-bibliográfico sobre Teodosio Vesteiro Torres, 1955.
- Los gallegos en la Argentina (2 tomos), 1966, Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires.
- Los días históricos de Galicia, 2002, Ediciós do Castro. Edición e introdución de Alfonso Mato.
Premios
editarGalardoado co Premio Nacional de Historia en 1936 pola obra El Padre Mariana y la historiografía de su época e o de Socioloxía polo ensaio Joaquín Costa o el gran dolor nacional.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 3-4-1936, p. 11.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alberto Vilanova |
Bibliografía
editar- Diccionario enciclopédico galego universal. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- "Vilanova Rodríguez, Alberte". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.