Alexander Albon
Alexander Albon Ansusinha (tailandés: อเล็กซานเดอร์ อัลบอน อังศุสิงห์), nado en Londres o 23 de marzo de 1996, é un piloto de carreiras tailandés-británico, que compite actualmente na Fórmula 1 para Williams Racing,. Participou no Campionato de Fórmula 2 da FIA de 2018 con DAMS. Logo, pilotou para ART Grand Prix. Asinou con Toro Rosso para a tempada 2019 de Fórmula 1, e foi piloto de Aston Martin Red Bull Racing en Fórmula 1 desde mediados de 2019 ata finais de 2020. en 2021 era o piloto de probas e desenvolvemento de Red Bull. Regresou á Fórmula Un en 2022, pilotando para o Williams.[1]
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (mul) Alexander Albon Ansusinha 23 de marzo de 1996 (28 anos) Londres, Reino Unido | ||||||||||||||||||||||
Grupo étnico | Thai Britons (en) | ||||||||||||||||||||||
Altura | 1,86 m | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un (2019–), piloto de automobilismo | ||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Tailandia | ||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo Formula racing | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
2023 | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023 | ||||||||||||||||||||||
2022 | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2022 | ||||||||||||||||||||||
2021 | 2021 Deutsche Tourenwagen Masters (en) | ||||||||||||||||||||||
2020 | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2020 | ||||||||||||||||||||||
2019 | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019 | ||||||||||||||||||||||
2018 | Temporada de FIA Fórmula 2 de 2018 (pt) | ||||||||||||||||||||||
2016 | Temporada da GP3 Series de 2016 (pt) | ||||||||||||||||||||||
2014 | 2014 Eurocup Formula Renault 2.0 season (en) | ||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||
Parella | Muni He | ||||||||||||||||||||||
Pais | Nigel Albon e Kankamol Albon | ||||||||||||||||||||||
Sitio web | alexalbon.com | ||||||||||||||||||||||
Vida persoal
editarAlbon naceu no Hospital de Portland en Londres, Inglaterra, o 23 de marzo de 1996. O seu pai, Nigel Albon é un antigo piloto de carreiras británico que participou no Campionato británico de turismos e na Porsche Carrera Cup.[2] A súa nai, Kankamol, é de Tailandia. O seu tío, Mark Albon, é un antigo piloto de carreiras que competiu nunha rolda da Fórmula Internacional 3000. Albon e a súa familia posúen varias mascotas, formadas polo menos por doce gatos, un can e dous cabalos.[3] Levaa saíndo publicamente co golfista chinesa Lily He desde 2019.[4]
Creceu en Bures, Suffolk xunto a un irmán menor, Luca, e tres irmás, Chloe, Zoe e Alicia,[5] Albon asistiu á Ipswich School antes de marchar para seguir a súa carreira profesional,[6][7] citando a Michael Schumacher e a Valentino Rossi como figuras inspiradoras cando era máis novo.[5] Albon posúe dobre nacionalidade británica e tailandesa, e corre baixo a bandeira tailandesa.[8] Albon practica o Budismo.[9]
Traxectoria
editarAlbon naceu no Hospital de Portland en Londres, Inglaterra. O seu pai, Nigel Albon, é un expiloto de carreiras que participou na BTCC e na Porsche Carrera Cup. Ao crecer, Albon pasou un tempo na Ipswich School en Ipswich, Suffolk, antes de abandonar a escola para continuar a súa carreira profesional. A relixión de Alexander Albon é o budismo.
Albon comezou a súa carreira competindo con karts moi novo debido ao estímulo do seu pai, Nigel Albon. Logrou o éxito nos karts entre 2006-2010 o que permitíulle entrar no Red Bull Junior Team en 2012[10] pasou aos coches de rodas abertas logrando un asento en EPIC Racing durante a tempada da Eurocup Formula Renault 2.0 2012, terminando na 38ª posición de 49, no seu primeiro ano. Quedou na Fórmula Renault 2.0 dúas tempadas. Asegurandose un asento con KTR, terminando 16º en 2013 e 3º en 2014. En 2015, Albon cambiou ao Campionato de Europa de Fórmula 3, terminando sétimo na xeral. Un ano máis tarde, ART contratou a Albon para correr xunto a Charles Leclerc na GP3 Series[11] terminando segundo no campionato de pilotos só detrás do seu compañeiro de equipo. Albon logrou un asento unha vez máis en ART en 2017.[12] para correr no Campionato de Fórmula 2 da FIA onde rematou na 10ª posición.[13]
Fórmula E
editarAlbon asinou por Nissan e.dams xunto a Sébastien Buemi como un dos seus pilotos para a tempada Fórmula E de 2018-19, pero foi liberado antes do inicio da tempada para pilotar na Fórmula 1 na tempada 2019 para Toro Rosso.[14][15]
Fórmula Un
editarDebut en Toro Rosso (2019)
editarO 26 de novembro de 2018, confirmouse que Albon liberárase do seu contrato con Nissan e.dams na Fórmula E logo de rumores de que asinaría con Toro Rosso. O mesmo día, Toro Rosso anunciou que Albon uniríase ao equipo para 2019 xunto a Daniil Kvyat e, así, reiniciar a relación de Albon co Red Bull Junior Team.[15]
Foi o segundo piloto de Tailandia en competir na categoría, despois do Príncipe Bira, que correu na década dos 50.[16] Cun noveno posto en Bahrain, o seu segundo Gran Premio, logrou os seus primeiros puntos neste campionato. Na seguinte carreira, na China, Albon partiu dos boxes despois de sufrir un accidente na práctica, pero conseguiu subir 10 posicións e entrar de novo na zona de puntos na décima posición. Sumou de novo para o campionato cun oitavo posto nas rúas de Mónaco [15] e, máis tarde, en Alemaña (sexto) e Hungría (décimo). [15]
Red Bull (2019-2021)
editar2019: Promoción a Red Bull
editarA mediados de agosto de 2019, Red Bull Racing confirmou a súa fichaxe. Foi promovido para ocupar o lugar de Pierre Gasly, mentres que el ocupou o seu posto en Toro Rosso. Como mellor resultado obtivo o cuarto posto no GP do Xapón. No GP do Brasil corría en posto de podio cando Lewis Hamilton golpeouno, sacándoo dos puntos. O británico foi sancionado.[17][18] Durante a celebración desta mesma carreira, presentouse como piloto de Red Bull Racing para 2020.[19]
Competiu en nove das 21 carreiras con Red Bull, quedou a un posto de Gasly por tres puntos.
2020
editarEn 2020 competiu xunto a Max Verstappen en Red Bull. Despois de varios resultados que non deron o esperado polo equipo austríaco, o 18 de decembro anunciouse que o piloto mexicano Sergio Pérez ocuparía o seu lugar en 2021, converténdose Albon no piloto de reserva do equipo.
Williams (2022–)
editarRexistro de carreiras
editarTraxectoria profesional
editar* Tempada en progreso.
Resultados completos no campionato de Europa da FIA de Fórmula 3
editar(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 32 | 33 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2015 | Signature | Volkswagen | SIL 1 4 |
SIL 2 6 |
SIL 3 6 |
HOC 1 13 |
HOC 2 8 |
HOC 3 9 |
PAU 1 5 |
PAU 2 7 |
PAU 3 NC |
MNZ 1 21 |
MNZ 2 WD |
MNZ 3 WD |
SPA 1 3 |
SPA 2 16 |
SPA 3 9 |
NOR 1 5 |
NOR 2 2 |
NOR 3 3 |
ZAN 1 7 |
ZAN 2 4 |
ZAN 3 8 |
RBR 1 7 |
RBR 2 5 |
RBR 3 8 |
ALG 1 2 |
ALG 2 12 |
ALG 3 Ret |
NÜR 1 12 |
NÜR 2 14 |
NÜR 3 11 |
HOC 1 11 |
HOC 2 Ret |
HOC 3 2 |
7º | 187 |
Resultados completos nas GP3 Series
editar(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Pos | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | ART Grand Prix | CAT FEA 6 |
CAT SPR 1 |
RBR FEA 2 |
RBR SPR 2 |
SIL FEA 1 |
SIL SPR 14 |
HUN FEA 7 |
HUN SPR 1 |
HOC FEA 4 |
HOC SPR Ret |
SPA FEA 9 |
SPA SPR 10 |
MNZ FEA 6 |
MNZ SPR 2 |
SEP FEA 1 |
SEP SPR 8 |
YMC FEA Ret |
YMC FEA Ret |
2º | 177 |
Resultados completos no campionato da FIA de Fórmula 2
editar(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2017 | ART Grand Prix | BHR FEA 6 |
BHR SPR 7 |
CAT FEA 5 |
CAT SPR 8 |
MON FEA 4 |
MON SPR 6 |
BAK FEA |
BAK SPR |
RBR FEA 5 |
RBR SPR 2 |
SIL FEA 18 |
SIL SPR 10 |
HUN FEA 8 |
HUN SPR 7 |
SPA FEA 12 |
SPA SPR 18 |
MNZ FEA 14 |
MNZ SPR 8 |
JER FEA 12 |
JER SPR 9 |
YMC FEA 7 |
YMC SPR 2 |
10º | 86 | ||
2018 | DAMS | BHR FEA 4 |
BHR SPR 13 |
BAK FEA 1 |
BAK SPR 13 |
CAT FEA 5 |
CAT SPR 2 |
MON FEA Ret |
MON SPR Ret |
LEC FEA Ret |
LEC SPR 7 |
RBR FEA 5 |
RBR SPR 5 |
SIL FEA 1 |
SIL SPR 7 |
HUN FEA 5 |
HUN SPR 1 |
SPA FEA 5 |
SPA SPR 3 |
MNZ FEA 3 |
MNZ SPR Ret |
SOC FEA 1 |
SOC SPR 3 |
YMC FEA 14 |
YMC SPR 8 |
3º | 212 |
† O piloto non terminou a carreira, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
editar- ↑ "Williams Racing confirms Latifi & Albon as 2022 driver line up". Williams F1. Consultado o 8 de setembro de 2021.
- ↑ "Nigel Albon". Driver Database. 30 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 29 de agosto de 2019.
- ↑ "Confused by Alex's British GP lid? Here's everything you need to know about Albon Pets!". Williams Racing (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-06.
- ↑ "Formula 1's Alex Albon on his LPGA girlfriend Muni He, Netflix drama and the golf craze that's hit elite race-car drivers". Golfweek (en inglés). 2022-04-22. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-22.
- ↑ 5,0 5,1 "Get To Know Your Driver: Alex Albon". Red Bull (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2021. Consultado o 2020-07-30.
- ↑ Sandalls, Katy (12 de agosto de 2019). "Former Suffolk schoolboy gets top F1 seat". East Anglian Daily Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2020. Consultado o 2020-07-30.
- ↑ "5 things you didn't know about 2019 Scuderia Toro Rosso driver Alexander Albon". Red Bull (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2021. Consultado o 2020-07-30.
- ↑ "Alex Albon hoping to earn new Red Bull deal and move out of parents' house". The Independent (en inglés). 2019-10-23. Arquivado dende o orixinal o 2019-10-24. Consultado o 2020-07-30.
- ↑ "Albon reveals he is a 'practising Buddhist'". Sports Mole (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2021. Consultado o 2020-07-30.
- ↑ "Introducing Alex Albon...". Red Bull (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 2018-01-22.
- ↑ "Albon enters GP3 with ART". Motorsport.com (en inglés). Consultado o 2018-01-22.
- ↑ "Alexander Albon completes ART 2017 line up – Formula 2". www.fiaformula2.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2017. Consultado o 2018-01-22.
- ↑ "Driver Standings – Formula 2". www.fiaformula2.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2019. Consultado o 2018-01-22.
- ↑ "Nissan signs Albon as Buemi's Formula E teammate". Motorsport.com (en inglés). Consultado o 2018-09-24.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 "Alexander Albon replaces Brendon Hartley at Toro Rosso for 2019 | Formula 1®" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2018.
- ↑ F1, STATS. "Tailandia • STATS F1". www.statsf1.com (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2018.
- ↑ "Hamilton decidió no defenderse de una sanción por chocar con Albon". SoyMotor.com (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2020.
- ↑ "VIDEO: Así perdió Albon su primer podio en F1 con Hamilton". lat.motorsport.com (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2020.
- ↑ Luque, Por Jose Carlos (12 de novembro de 2019). "Alex Albon confirmado como piloto de Red Bull Racing para 2020". Car and Driver (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2020.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexander Albon |