Alexandre Nevski

príncipe de Novgorod

Alexandre Nevski[1][2][3] nado o 30 de maio de 1220 e finado o 14 de novembro de 1263. Foi Gran Príncipe de Novgorod e Vladímir.

Modelo:BiografíaAlexandre Nevski

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de maio de 1220 Editar o valor en Wikidata
Pereslavl-Zalessky (Principado de Vladímir-Súzdal) Editar o valor en Wikidata
Morte14 de novembro de 1263 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Gorodets (Principado de Vladímir-Súzdal) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Alexandre Nevski Editar o valor en Wikidata
Gran Príncipe de Nóvgorod
1257 – 1259
← Vassili Aleksandrovitch (en) TraducirDmitry of Pereslavl (en) Traducir →
Gran Príncipe de Kíiv
1249 – 1263
← Andrey II of Vladimir (en) TraducirYaroslav of Tver (en) Traducir →
Prince of Pereyaslavl (en) Traducir
1246 – 1263
Gran Príncipe de Nóvgorod
1241 – 1252
← Andrey II of Vladimir (en) TraducirVassili Aleksandrovitch (en) Traducir →
Gran Príncipe de Nóvgorod
1236 – 1240
← Jaroslau II de Vladimir (pt) TraducirAndrey II of Vladimir (en) Traducir →
Gran Príncipe de Nóvgorod
1228 – 1229
← Jaroslau II de Vladimir (pt) TraducirMiguel de Chernigov (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante, líder militar Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa23 de novembro Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloLista de governantes de Kiev (pt) Traducir
Prince of Novgorod (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Rurícovich e Q32360927 Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAlexandra Brachyslavna (1238, 1239 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosQ131143670, Vassili Aleksandrovitch, Dmitry of Pereslavl, Andrey of Gorodets, Daniel da Rússia Editar o valor en Wikidata
PaisJaroslau II de Vladimir Editar o valor en Wikidata  e Feodossiya Mstislavna Editar o valor en Wikidata
IrmánsAndrey II of Vladimir
Yaroslav of Tver
Vasily of Kostroma
Mikhail Khorobrit Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia militar Sytin
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Russian Biographical Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Nevskiy-1 Find a Grave: 8195887 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo do Gran Príncipe Iaroslav, liderou aos rusos na batalla do río Neva en 1240, onde derrotou de xeito decisivo aos suecos no seu intento de invadir Rusia. O alcume Nevski fai memoria desa vitoria fundamental. Atallou tamén cun exército de infantaría a carga da famosa cabalaría de Orde Teutónica na batalla do lago Peipus, onde infrinxiu unha abraiante derrota aos cabaleiros teutóns.

Ante a ameaza mongol, soubo concitar habilmente as simpatías da dinastía de Jochi, apesares de terse negado a realizar a cerimonia de homenaxe aos devanceiros mongois. Consistía esta cerimonia en camiñar entre lumes e prostrarse ante a efixie dos antepasados dos invasores. Nevski respondeu con enteireza que el só se prostraba perante o Deus de Xesucristo. Chegou a ter unha grande amizade con Sartaq, o fillo de Batu Khan, quen o puxo á fronte de Vladimir.

Distinguiuse polo seu goberno xusto e prudente e a defensa do feble e o desvalido. As súas relacións de vasalaxe cara a Horda de Ouro permitíronlle evitar a aniquilación da civilización rusa.

Significación

editar

Está considerado como un dos pais da patria rusa. Catarina I de Rusia creou a Imperial Orde de Alexandre Nevski o 21 de maio de 1752, como recoñecemento ao mérito patriótico e militar. Os soviéticos, ameazados polo avance do exército nazi en 1942, recuperaron esta condecoración.

A Igrexa Ortodoxa venérao como santo.

  1. DEGU.
  2. EGU.
  3. "Alexandre Nevski". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 93. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • "Alexandre Nevski". Diccionario enciclopédico galego universal 3. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 11. ISBN 84-7680-429-6. santo (Vladimir 1220-Gorodets 1263) Gran duque de Novgorod e de Vladimir, fillo de Iaroslav II. Salvou as súas terras [...] 
  • "Alexandre Nevski". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9. santo (Vladimir 1220-Gorodets 1263) Gran duque de Novgorod e de Vladimir, fillo de Iaroslau II. Salvou as súas terras [...] 
  • "Alexandre Nevski". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 93. ISBN 978-84-8288-942-9. Gran Duque de Nóvgorod e de Vladimir, e gran príncipe de Rusia desde 1236 (1220-1263). Venceu os suecos [...] 
  NODES
todo 3