Alfred Jarry
Alfred Henri Jarry,[1] nado o 8 de setembro de 1873 en Laval, Mayenne e finado o 1 de novembro de 1907 en París,[1] foi un dramaturgo, novelista e poeta francés, coñecido polas súas hilarantes obras de teatro e o seu estilo de vida disoluto e excéntrico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1873 Laval, Francia |
Morte | 1 de novembro de 1907 (34 anos) París, Francia |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | cemiterio de Bagneux |
Educación | Lycée Henri-IV |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes escénicas |
Ocupación | dramaturgo, gravador, crítico, escritor, poeta, novelista, artista visual |
Pseudónimo literario | Docteur Faustroll Père Ubu Alain Jans |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Жарри Альфред) UbuWeb Obálky knih, |
Traxectoria
editarNaceu en Laval, fillo de Anselme Jarry, un acomodado negociante de cadros, e Caroline Quernest. Despois do fracaso comercial da empresa do seu pai, a súa nai márchase a vivir cos seus dous fillos a Saint-Brieuc e logo a Rennes, na Bretaña, onde Alfred Jarry cursa os seus estudos secundarios. Recibe unha esmerada educación. En outubro de 1891 chega a París para estudar no Instituto Henri IV onde será alumno de Henri Bergson xunto co poeta Léon-Paul Fargue; tralo bacharelato presentouse en tres ocasións ao concurso de acceso á École Normale Supérieure, pero non ingresou. Ingresou entón na Sorbonne para cursar estudos de literatura pero non logrou licenciarse. Obtivo pronto o éxito literario cos seus poemas en verso e a súa prosa orixinal. Aos vinte anos publicou a súa primeira obra. Pouco despois morreu a súa nai; e aos dous anos, o seu pai, quen lle deixou unha boa herdanza, o cal, sumado ao éxito cedo das súas obras, permitiulle levar unha existencia despreocupada durante boa parte da súa vida.
Coñece a Marcel Schwob, Alfred Vallette (director do Mercure de France) e a súa muller Rachilde. Na casa da parella, dá en 1894 a primeira representación de Ubú Rei. Redacta artigos para o Mercure de France e a La Revue Blanche, onde colaboraban os escritores e artistas máis prestixiosos da época.
De 1894 a 1895, dirixe con Remy de Gourmont a luxosa revista artística Ymagier. Contrariado con de Gourmont, decide fundar a súa propia revista de estampas, Perhindérion, da que se publicarán só dous números. En 1896 empeza a traballar para o director Aurélien Lugné-Poë que lle confía a programación da tempada do Théâtre de l'Œuvre, en París, onde ten lugar a estrea de Ubú Rei o 10 de decembro de 1896.
A obra é parte dun ciclo de varias obras, cuxa primeira versión escribiu aos 15 anos inspirándose nun dos seus profesores do instituto de Rennes, que segundo Jarry encarnaba "todo o grotesco que poida haber no mundo". Logo das primeiras funcións no Théâtre de l'Œuvre, a obra representouse no teatro de marionetas Théâtre des Pantins, en París, con marionetas creadas polo seu amigo o pintor Pierre Bonnard.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Alfred Jarry Critical Essays". eNotes (en inglés). Consultado o 2021-01-29.