Almudena Cid
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Almudena Cid Tostado, nada en Vitoria o 15 de xuño de 1980, é unha ex-ximnasta española que competiu na disciplina de ximnasia rítmica e que participou en catro Olimpíadas (1996-2008), sendo a única ximnasta rítmica no mundo que disputou catro finais olímpicas. Abandonou o deporte profesional o 23 de agosto de 2008.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Almudena Cid Tostado 15 de xuño de 1980 (44 anos) Vitoria, España |
Altura | 167 cm |
Peso | 47 kg |
Actividade | |
Ocupación | actriz, presentadora de televisión, gimnasta rítmica |
Período de actividade | 2008 |
Deporte | ximnasia rítmica |
Participou en | |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
Premios | |
Sitio web | almudenacid.com |
Traxectoria
editarComezou a practicar ximnasia rítmica ós 7 anos no colexio, aínda que máis tarde incorporaríase á Asociación Deportiva Betti Aurrera de Vitoria.
Con 13 anos foi reclamada pola búlgara Emilia Boneva para entrar no equipo nacional individual que se concentraba permanentemente nuns chalés en Vicálvaro.
Nin Almudena cos seus 15 anos, nin os seus pais e familiares imaxinaban que entraría a formar parte do equipo nacional de ximnasia rítmica con tan curta idade. Tan só un ano despois, participaría nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, dos que se acadou un diploma coa súa 9ª posición con tan só 16 anos.
En Sidney 2000 conseguiu acudir de novo e disputar outra final onde repetiu o 9º posto.
En Atenas clasificouse unha vez máis despois dunha dura pugna pola única praza coa alacantina Jennifer Colino. Disputou a final e conseguiu unha 8ª praza.
Almudena ten un palmarés moi amplo, entre os seus logros están 6 campionatos de España, oito mundiais e dez europeos como finalista por aparellos, boas posicións nos Xogos Olímpicos ou a vitoria nos Xogos Mediterráneos de Almería 2005.
Proclamouse unha vez máis campioa de España absoluta en xuño de 2007, participou nas Olimpíadas de Pekín 2008 quedando oitava na final olímpica. Deste xeito converteuse na única ximnasta no mundo capaz de disputar catro finais olímpicas consecutivas. Retirouse da competición profesional o 23 de agosto de 2008.
Despois da súa carreira deportiva
editarLogo da súa retirada apareceu en programas de televisión, foi adestradora no programa Circus, más difícil todavía de Cuatro e presentou unha sección en El Hormiguero e o programa de Telecinco Guerra de sesos con Jesús Vázquez en 2009. Concursou no programa de patinaxe artístico "El Desafío Bajo Cero", onde gañou.
Ten feito traballos publicitarios e desfiles como modelo. Participou como actriz, interpretándose a si mesma, na serie de televisión Un paso adelante.
Leva colaborando varios anos na gala de Euskalgym celebrada no País Vasco.
Vida persoal
editarAlmudena fala tres idiomas: éuscaro, español e inglés.
Coñeceu a Christian Gálvez en Pasapalabra, programa que presentaba cando foi de invitada. Logo de saír durante tres anos, casaron o 7 de agosto de 2010 en Torrelodones (Comunidade de Madrid, España). O alcalde de Móstoles, cidade natal de Christian, foi o encargado de casalos.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Almudena Cid |