Alpes Dináricos
Os Alpes Dináricos (Alpi Dinariche, en italiano; Dinaridi ou Dinarsko gorje en croata e serbio) son unha cordilleira situada na Europa meridional que abrange partes de Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Serbia Montenegro e Albania.
Tipo | cordilleira | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Dinara | |||
Parte de | cinturón alpino | |||
Situado na entidade xeográfica | Balcáns | |||
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Balcáns | |||
Localización | Sueste de Europa | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 2.694 m | |||
Dimensións | 200 () × 645 () km | |||
Punto máis alto | Maja e Jezercit (pt) (2.694 m ) | |||
Atravesa | Serbia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Eslovenia, Montenegro, Albania e Kosovo | |||
Material usado | rocha sedimentaria Carbonato de calcio Calcaria | |||
Superficie | 175.000 km² | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Mesozoico | |||
A cordilleira esténdese ó longo de 645 km pola costa do mar Adriático, no sentido noroeste-sueste, dende os Alpes Xulianos (noroeste) ata o macizo Šar-Korab, onde pasa ó sentido norte-sur. A maior elevación dos Alpes Dináricos é o monte Prokletije, na fronteira do Montenegro oriental coa Albania setentrional, co cume a 2.692 m, chamado Lago Cimo (Maja Jezerce en albanés, Jezerski vrh en serbio).
Os Alpes Dináricos constitúen a área máis accidentada e montañosa de Europa, exceptuando ós Alpes suízos. Están formados esencialmente de rocha sedimentaria, secundarias e terciarias de dolomita, calcario, arenito e conglomerados formados polos mares e lagos que cubrían a rexión no pasado.