Alphonsus
Alphonsus é un cráter de impacto lunar, situado na cara visible da Lúa, nas coordenadas lunares 13,4º S, 2,8º O. Ten un diámetro de 119 km e unha profundidade de 2,7 km.
Alphonsus | |
---|---|
Datos xerais | |
Tipo | Cráter de impacto |
Corpo astronómico | Lúa |
Epónimo | Afonso X o Sabio |
Datos xeográficos | |
Coordenadas | 13°23′S 2°51′O / -13.39, -2.85 |
Diámetro | 111 km |
Profundidade | 2.730 m |
Cuadrángulo | LQ19 (en) |
Localización | |
mapa non dispoñible: lúa | |
Identificadores | |
GoPN | 206 |
O seu nome (ou epónimo) foi oficialmente adoptado pola Unión Astronómica Internacional (UAI) en 1935,[1][2] en referencia ao astrónomo Afonso X o Sabio, máis coñecido por ter sido rei de Castela e León.[3]
Aspectos xeolóxicos
editarO fondo do cráter Alphonsus, que é notabelmente plano e está sementado de pequenos cráteres, ten un pico central e unha longa greta que corre case paralela á parede oriental. Con todo, a característica máis importante de Alphonsus, desde o punto de vista xeolóxico, son varias manchas escuras formadas por depósitos piroclásticos.
Cráteres interiores
editarCinco diminutos cráteres ao nordeste da superficie interior de Alphonsus foron designados pola Unión Astronómica Internacional (UAI). Móstranse na táboa seguinte.
Cráter | Coordenadas lunares | Diámetro | Orixe do nome |
---|---|---|---|
Chang-Ngo | 12°42′S 2°06′O / -12.7, -2.1 | 3 km | Nome feminino chinés[4] |
José | 12°42′S 1°36′O / -12.7, -1.6 | 2 km | Nome masculino español |
Monira | 12°36′S 1°42′O / -12.6, -1.7 | 2 km | Nome feminino árabe |
Ravi | 12°30′S 1°54′O / -12.5, -1.9 | 2,5 km | Nome masculino hindi |
Soraya | 12°54′S 1°36′O / -12.9, -1.6 | 2 km | Nome feminino persa |
Cráteres satélites
editarPor convención estas características identifícanse nos mapas lunares localizando a letra no punto medio do bordo do cráter nas proximidades do cráter Alphonsus.[5]
Alphonsus | Latitude | Lonxitude | Diámetro |
---|---|---|---|
A | 14,8° S | 2,3° O | 4 km |
B | 13,2° S | 0,2° O | 24 km |
C | 14,4° S | 4,8° O | 4 km |
D | 15,1° S | 0,8° O | 23 km |
G | 12,3° S | 3,3° O | 4 km |
H | 15,6° S | 0,5° O | 8 km |
J | 15,1° S | 2,5° O | 8 km |
K | 12,5° S | 0,1° O | 20 km |
L | 12,0° S | 3,7° O | 4 km |
R | 14,4° S | 1,9° O | 3 km |
X | 15,0° S | 4,4° OW | 5 km |
Y | 14,7° S | 1,8° O | 3 km |
Notas
editar- ↑ Moon nomenclature - Crater. Consultada o 28 de outubro de 2016.
- ↑ Gazetteer of Planetary Nomenclature Arquivado 28 de decembro de 2016 en Wayback Machine.. Consultada o 28 de outubro de 2016.
- ↑ Ficha do cráter lunar "Alphonsus", na Gazeteer of Planetary Nomenclature Arquivado 23 de setembro de 2006 en Wayback Machine.. Consultada o 28 de outubro de 2016.
- ↑ Véxase tamién Chang'e, a deusa chinesa.
- ↑ Jonathan McDowell (2004): Lunar Nomenclature, Lista completa dos cráteres lunares. Consultada o 28 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alphonsus |
Bibliografía
editar- Charles Coulston Gillispie, editor in chief (1970 e ss.): Dictionary of Scientific Biography. Nova York: Charles Scribner's Sons. 16 vols. (Ver vol. 9, 1981).
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Alphonsus en cienciaengalego.org (en inglés).
- Digital Lunar Orbiter Photographic Atlas of the Moon (en inglés).
- Alphonsus crater on the Moon from 440 km (en inglés).