Alvidrón, Antas de Ulla
Santa María de Alvidrón é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 46 habitantes (27 homes e 19 mulleres), once menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación: Alvidrón, Feás e Mancegar.
Alvidrón | |
---|---|
Cruceiro de Alvidrón | |
Concello | Antas de Ulla[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°48′28″N 7°54′06″O / 42.80769, -7.90173 |
Poboación | 32 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarEstá situada ao norte do concello, separada polo río Ulla do concello de Palas de Rei no lugar da Ponte Mercé.
Toponimia
editarO topónimo Alvidrón ten orixe no antropónimo latino Arbitrio.[2]
Patrimonio
editarA súa igrexa parroquial é orixinalmente románica do século XII, conservando desa época canzorros nas ábsidas e a porta principal, con tripla arquivolta de medio punto, sendo sostida a maior delas por columnas acobadadas rematadas por capiteis con motivos vexetais. Un dos canzorros, coñecido como A Nugalla, é antropomórfico, cunha man na boca e outra entre as pernas.[3]
Festas
editarCelebra festas patronais na honra de san Brais (3 de febreiro) e tamén por santo Antón (13 de xuño).
Galería de imaxes
editar-
Vista da Igrexa.
-
Canzorro coñecido como "a Nugalla".
-
Vista pórtico.
-
Nave Central.
-
Pía bautismal.
Lugares e parroquias
editarLugares de Alvidrón
editarLugares da parroquia de Alvidrón no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Antas de Ulla
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 18-19. ISBN 978-84-17807-36-8.
- ↑ Manuel Gago Mariño (28 de novembro de 2008). "Un Test de Rorschach na aldea de Alvidrón". Código Cero.