Amora

froito comestíbel de distintas especies botánicas

A amora[1] é o nome de diferentes froitos comestíbeis de distintas especies botánicas, e que acostuman clasificarse coma froitos do bosque. Malia procederen de diferentes plantas ou ser froitos botanicamente diferentes, posúen un aspecto semellante e características comúns. En xeral podemos dicir que proceden de dous xéneros distintos de vexetais con trazos fenotípicos moi dispares entre si:

Amoras
Amoras de silva.
Amoras inmaturas de moreira branca (Morus alba).

Ambos os dous xéneros botan amoras, porén non son a mesma froita. A diferenciación é aínda maior, xa que ambos xéneros teñen un gran número de especies. En total existen máis de 300 especies de amoras diferentes.[4] Ademais, a comercialización destas bagas propiciou a creación de diversas hibridacións que non existen na natureza.[4]

Clases de amoras

editar

Morus: moreiras

editar

Híbridos: cruzamentos

  • Boysenberry
  • Loganberry
  • Youngberry

Descrición

editar

Dende o punto de vista botánico, a amora é unha froita polidrupa, é dicir, está formada pola unión de drupas miúdas en acios, dentro das que se acha unha semente miudiña, perceptíbel durante o seu consumo e incluso ás veces algo molesta. De xeito algo máis alongado nas especies de Morus, e xeralmente máis arredondada nas de Rubus (aínda que depende da especie), Rubus glaucus presenta unha forma levemente semellante á do amorodo (ancha pola base rematando en punta).

O seu tamaño é diminuto, medindo entre 1 e 3 cm, dependendo da especie.

A cor varía conforme a amora vai madurecendo, comezando cun ton abrancazado verdoso pasando ao vermello para finalmente acadar o negro ou púrpura escuro. Aínda que non sempre é así, xa que existe algunha que outra excepción como é o caso da amora que dá a especie Morus alba, que do verde pasa a branco e a partir de aí non varía a cor, ou como as amoras dos illós (Rubus chamaemorus), xa que o froito maduro desta especie é dunha cor amarela dourada.

As amoras que proceden de especies do xénero Morus, difiren ao posuíren un rabiño de 0'5 cm aproximadamente, rabiño do que carecen as amoras procedentes do xénero Rubus, que ao seren retiradas da súa planta o perden. Ademais, as amoras de Morus, ao maduraren son moi brandas, polo xeral máis que as de Rubus, tanto é así, que adoitan manchar tan só ao tacto.

Propiedades nutritivas

editar
 
Amoras bravas de silva.
 
R. glaucus (amora andina). En fase de maduración, finalmente son de cor morada escura.
Amoras crúas (Rubus spp.)
 
Valor nutricional por 100 g
Enerxía180 kJ (43 kcal)
9.61 g
Azucres4.88 g
Fibra alimentaria5.3 g
0.49 g
1.39 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A214 IU
Tiamina (B1)
2%
0.020 mg
Riboflavina (B2)
2%
0.026 mg
Niacina (B3)
4%
0.646 mg
Vitamina B6
2%
0.030 mg
Ácido fólico (B9)
6%
25 μg
Vitamina C
25%
21.0 mg
Vitamina E
8%
1.17 mg
Vitamina K
19%
19.8 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
3%
29 mg
Ferro
5%
0.62 mg
Magnesio
6%
20 mg
Fósforo
3%
22 mg
Potasio
3%
162 mg
Sodio
0%
1 mg
Cinc
6%
0.53 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Como a meirande parte das froitas, as amoras son fonte de sales minerais e vitaminas, constituíndo así unha importante achega nutricional que podería incluírse en calquera tipo de dieta.

As amoras son froitas de baixo valor calórico por mor da súa escasa achega de hidratos de carbono, o que as fai un alimento beneficioso axudando ao metabolismo.

Son especialmente ricas en vitamina C, contendo cantidades incluso maiores que as dalgúns cítricos, feito polo que son utilizadas tanto polos navegantes nórdicos como polos Inuit americanos como protección contra o escorbuto. Tamén son moi ricas en vitamina A, así como en potasio, proporcionando ademais, sobre todo as amoras do xénero Morus, fibra alimentaria.

As amoras tamén conteñen antocianos e carotenoides, asociados en diversos estudos a certas propiedades consideradas beneficiosas para o organismo.

En Galiza polo xeral aínda non se lle dá moito aprecio nutricional a este froito tan san.

Usos culinarios

editar
 
Torta de amoras.

A amora da silveira é a que se utiliza xeralmente para a fabricación de xaropes, confeituras, sorbetes e para a aromatización de iogures. A mestura coñecida como "froitos dos bosques" está xeralmente constituída por arandos, framboesas, amorodos bravos ou e amoras da silveira.

Os sabores das diferentes amoras son dispares. Se ben poden atoparse algunha semellanza, as amoras das distintas especies presentan sabores característicos e peculiares que son apreciados dentro da ampla gama das froitas. O xeneralizado sabor agradábel das amoras varía calificativamente no gusto de cada no, porén pode dicirse que a amora é unha baga que sabe ben. Das silvas, Rubus ulmifolius e Rubus fruticosus, as dúas especies de silvas típcas de Galiza, presentan bagas cun sabor agradábele, intenso mais suave, doce con pequenos matices acedos.

No referente ás moreiras, as amoras de Morus alba acostuman resultar insípidas, porén as de Morus nigra e Morus rubra, presentan un mellor sabor, moito máis valorado, cun fresco e intenso sabor agradábel..

As amoras poden inxerirse frecas, que é o uso máis común, xa que se consideran froitas bravas ou do bosque. Multitude de especies animais, dende paxaros a roedores, teñen na súa dieta todo tipo de amoras; o ser humano non é unha excepción.

As amoras tamén poden ser procesadas e incluídas na cociña de xeitos moi diversos, moi empregadas coma elemento decorativo para todo tipo de pratos, ademais, a nivel industrial multitude de produtos a inclúen: iogures, tortas, licores, batidos, xeados, xelatinas etc.

A amora de silveira (x. Rubus), converteuse nunha froita moi popular en pastelaría xa sexa para a preparación de sobremesas, marmeladas, xeleas e, ás veces, zumes, viños e licores. Porén non é a única especie de amora empregada. En Galiza o seu uso industrial aínda non é moi popular.

Existen innumerábeis receitas en cuxos ingredientes entra a amora. Un claro exemplo disto é o crumble, pastel tradicional de Inglaterra elaborado con diversas froitas.

Cultivo

editar

As amoras, malia procederen de especies botánicas basicamente bravas, poden ser cultivadas, de feito son cada vez máis cultivadas de seito profesional en diversas zonas ao longo de toda a xeografía mundial coa intención de aproveitar o froito, aínda que ás veces se cultiven tamén especies do xénero Morus con outros fins.

Existen multitude de especies de amoras, mais é posíbel que tan só teñan un valor comercial unhas nove delas, que basicamente son do xénero Rubus (silveiras), en ocasións e comunmente se cultivan hibridacións.

Amora de moreira negra

editar
 
Amoras apañadas e empratadas de Morus nigra.

A especie M. nigra (de orixe persiana) foi ao longo da historia cultivada pola súa froita comestíbel, e plantada e naturalizada no oeste de Europa, Ucraína, e no leste da China. Podemos atopar esta árbore en Galiza coma ornamental en xardíns urbanos.

As árbores desta especie desenvólvense ben en solos frescos e lixeiros, non gusta das altas temperaturas e das zonas demasiado secas, aínda que en climas excesivamente fríos detense ou, canto menos, deixa de medrar. Para obter unha mellor produción de froitos cómpre unha enérxica poda, o que ademais fai que a árbore dea follas maiores. Cultívase por sementeira durante a primavera ou ben por esgallos leñosos, e admite trasplantes a raíz núa durante o inverno.[5] Os froitos desta especie madurecen polo verán.

Etnografía

editar

Rosalía de Castro falaba das amoras no seu coñecido poema de Cantares gallegos, Adiós ríos:

...Amoriñas d'as silveiras

que eu lle daba ô meu amor,

camiñiños antr'o millo,

!adiós para sempr'adiós! [6]

editar

Mala xesta varredoira

Veña polas costureiras;

Comen as amoras todas

E fan secar as silveiras.[7]

Refráns

editar
  • Ano de amoras, ano de choras.[8]

Galería de imaxes

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para amora.
  2. López, Herrera; Andrés, Eliud (2007). Obtención y caracterización de la materia insaponificable del aceite de crisálida de Bombyx Mori L. híbrido Pílamo I (en castelán). pp. 20–21. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2019. Consultado o 20 de febreiro de 2019. 
  3. www.botanical-online.com. "Especies de zarzas (Rubus)" (en español). Consultado o 26 de decembro de 2008. 
  4. 4,0 4,1 CONSUMER EROSKI. "Moras (Frutas: guía práctica)" (en español). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2009. Consultado o 4 de xullo de 2009. 
  5. INFOJARDIN. "Mora, Moras, Mora negra, Morera, Moreras, Moral. Morus nigra" (en español). Consultado o 26 de decembro de 2008. 
  6. Versión orixinal do poema, en http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/system/files/vida_obra_rosalia.pdf Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  7. Real Academia Galega (1913-1928): Diccionario gallego-castellano
  8. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
INTERN 1
todo 4