Ana Kiro

cantante galega

María Dolores Casanova González, coñecida como Ana Kiro, nada na Castañeda (Arzúa) o 24 de xaneiro de 1942[1] e finada en Mera (Oleiros) o 24 de setembro de 2010[2], foi unha popular cantante galega con máis de trinta discos gravados e presentadora de varios programas na Televisión de Galicia.[3]

Modelo:BiografíaAna Kiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Dolores Casanova González Editar o valor en Wikidata
24 de xaneiro de 1942 Editar o valor en Wikidata
A Castañeda, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 2010 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Mera, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de ovario Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Serantes Editar o valor en Wikidata
Outros nomesAna Kiro Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMera (1979–2010) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, presentadora de televisión, actriz de televisión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCorporación de Radio e Televisión de Galicia Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoCanción melódica e música galega Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCarlos Rivero Fernández (2as nup.) Editar o valor en Wikidata
FillosMari Carmen Quiroga Casanova Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGallegos, (p.110) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2020624 BNE: XX873196 Spotify: 2OBczQrU2DteHFRsbFUwGC iTunes: 300431771 Musicbrainz: 51ccdd16-2139-4fde-86b6-f3d18d5c02d2 Discogs: 3030716 Deezer: 253923 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Filla de garda civil, a carreira de Ana Kiro iniciouse en Barcelona, dentro da colectividade galega. Casada moi nova, tamén moi nova se separou e tivo que sacar adiante a economía familiar e mais unha filla. Probou sorte no mundo da canción, que ata daquela fora só unha afección, e colleitou un moderado éxito ata que ficha pola discográfica Belter. Fixo entón xiras con cantantes de música lixeira como José Guardiola, participou en distintos concursos da canción e logo traballou como vocalista nun programa de Televisión Española, Galas del sábado, presentado por Joaquín Prat e Laura Valenzuela.

No ano 1969, estivo a punto de ser a primeira galega en representar a TVE en Eurovisión ao disputar con Salomé quen interpretaría "Vivo cantando" no festival que se celebrou en Madrid[4].

A comezos dos setenta fixo as primeiras viaxes a Galicia e coñeceu o compositor Manuel Muñiz. En 1973 este adaptou un tema popular e cedeullo a Ana Kiro para que o intérprete, a peza "Galicia, terra meiga", que tivo que gravar no selo Olimpo, dedicado á música folclórica, por estar en galego. Dese tema vendeu máis de 100.000 copias e permaneceu durante tres meses nas listas de vendas en toda España. A partir dese tema continuou as colaboracións con Muñiz, e mais tamén con Xosé Luís Blanco Campaña como intérprete e compositor.

"Galicia, terra meiga" abriulle a Ana Kiro as portas da emigración, e comezou a viaxar a Suíza, a Alemaña, a Francia, e a partir de 1976, a América. Nun concerto neste continente conseguiu 24.000 espectadores, rompendo o récord de asistencia que daquela tiña Manolo Escobar.

A finais da década de 1980 retirouse do mundo da canción. En 1995 recibiu unha homenaxe na Coruña, que se retransmitiu pola Televisión de Galicia e que acadou unha grande audiencia. foi a súa última actuación. A partir dese momento comezou a súa relación coa televisión, que comezou co talk-show Toda unha vida, cunha gran compoñente musical. Deixouno ao ano para seguir actuando e en 1998 volveu con Tardes con Ana, un talk-show estrito e onde presentou 501 programas[5]. Posteriormente participou como actriz protagonista na serie A miña sogra e mais eu.

Despois de oito anos apartada completamente dos escenarios, actuou de novo o 14 de setembro de 2007 en Mera, nun concerto de homenaxe á súa traxectoria[6].

Vida persoal

editar

Casada en segundas nupcias con Carlos Rivero Fernández, tivo unha filla (Maricarme Quiroga Casanova) e dous netos[7].

En 2006 detectáronlle un cancro de ovarios, do que foi intervida cirurxicamente. En 2007, no programa Volver ao rego, de Xosé Luís Barreiro Rivas, fixo a súa reaparición como convidada. Porén, meses despois recaeu na súa enfermidade, e agás aparicións esporádicas en homenaxes, non regresou á vida pública. Foi tratada co medicamento Yondelis, da empresa galega Pharmamar[8]. Faleceu o 24 de setembro de 2010, vítima dun cancro[9]. O día do seu falecemento emitíase o primeiro programa de Tardes con Ana dentro da novena entrega do espazo da tvG2 25 anos de programas, coincidindo coa hora do seu falecemento, ás 12:30 h. O seu corpo velouse no auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, onde fixera a súa última actuación. Foi soterrada no camposanto de Serantes.

Discografía

editar

Listaxe incompleta dos discos publicados por Ana Kiro.

Álbums de estudio

editar
  • Galicia terra meiga (1973).[a]
  • Así canta Galicia (1975).[b]
  • Ana Kiro (1975)
  • Recordando a Galicia (1976)
  • Canta a Galicia (1977)
  • Nadal e cousas galegas (1978)
  • Fue tan poco tu cariño (1978)
  • Homenaxe os emigrantes (1978)
  • Canta a México (1979)
  • A miña aldea (1979)
  • Desde México y con mariachi (1979)
  • Ana Kiro (1979)
  • Unha emigrante máis (1980)
  • Barqueiro (1981)
  • Galega traballadora (1982)
  • Vivir na Coruña (1983)
  • De vacacións (1985)
  • Boleros (1985)
  • Recordo a Pucho Boedo (1986)
  • Ponteareas (1987)
  • A bamba (1988)
  • Feliz nadal (Panxoliñas) (1988)
  • Arrastráche-lo cu polas pallas (1989)
  • 25 anos cantando (1990)
  • Habelas hainas! (1991), con Los Satélites.
  • Emigrantes (1991)
  • A banana (1994)
  • Pídechas o corpo (1995)
  • Coa miña xente (1996)
  • Toda unha vida (1998)

Recompilatorios

editar
  • Nadal e cousas galegas (1985)
  • Viva Galicia 2 (1994)

Sinxelos

editar
 
Monumento a Ana Kiro en Arzúa.
 
Placa na praza Ana Kiro de Mera (Oleiros).
  • Volveré a venir – Amorcito juguetón (1966)
  • Es una luz – Donde y qué (1967)
  • Por última vez – Siempre te amaré (1967)
  • La venda – De tu mano lo aprendí (1968)
  • El apartamento – Mírame a los ojos (1968)
  • Golondrina mensajera – Enamorada del mar (1969)
  • Vivo cantando – Mamá, mamá (1969)
  • ¡Caramba! Dijo la niña – Me voy a Torremolinos (1969)
  • Cibu-Ciba – Paco, Paco, Paco (1970)
  • Tu mirada, tu sonrisa – En el amor (1970)
  • El rosario de mi madre – El tiempo será testigo (1972)
  • Te entregaré, garé, garé, garé, mi amor – Avenidas y paseos (1973)
  • Galicia terra meiga – Voy a guardar mi lamento (1974)
  • Viva Galicia – Mi vida privada (1974)
  • Potpurri gallego – Besos perdidos (1975)
  • A Rianxeira – Galicia, que tes? (1976)
  • Así canta Galicia – A que no te atreves (1977)
  • A miña aldea – Galicia en México (1978)
  • Que digan misa – La noche de mi mal (1979)
  • Galicia dos meus amores – A rumba da gaita (1979)
  • Gaita galega – Unha emigrante mais (1980)
  • Barqueiro – Apañei berberechos (1981)
  • Vivir na Coruña – Quedamos na Terra (1982)
  • Ana Kiro (1967)

Televisión

editar

Series

editar

Talk shows

editar

Galardóns

editar
  • Botón de ouro da Hirmandade Galega de Caracas
  • Medalla de ouro Ano Xacobeo da televisión Arxentina.
  • Percebe de prata 1999.
  • Filla predilecta de Arzúa[10].
  1. Casete de ouro con 100.000 exemplares vendidos.
  2. Disco conxunto con Andrés do Barro, Pepe Domingo Castaño e Bernardo Xosé.
Referencias
  1. Gallegos : quién es quién en la Galicia del siglo XXI (1ª ed.). [Santiago de Compostela]: Compostela. 2002. ISBN 978-84-8064-113-5. OCLC 433336235. 
  2. "Morre Ana Kiro vítima dunha longa enfermidade" Arquivado 27 de setembro de 2010 en Wayback Machine., nova en Xornal de Galicia, 24 de setembro de 2010.
  3. Miranda Barreiro, David (outubro, novembro, decembro, 2023). "Máis alá da saudade. Ana Kiro e a emigración". Grial LXI (240): 119–123. ISSN 0017-4181. 
  4. "Galicia dálle a Ana Kiro o último adeus nun multitudinario enterro", El Progreso, 26 de setembro de 2010.
  5. "Son a antítese da diva, comecei cantando enriba de palcos de madeira", Vieiros, 24 de novembro de 2008.
  6. "Ana Kiro volveu cantar", La Voz de Galicia, 16 de setembro de 2007.
  7. "Pódome gabar de que houbo quen aprendeu o galego despois de ouvir as miñas cancións" Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine., entrevista en A Nosa Terra.
  8. "Ana Kiro, así cantaba Galicia" Arquivado 27 de setembro de 2010 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 25 de setembro de 2010.
  9. "Morre Ana Kiro vítima dunha longa enfermidade" Arquivado 27 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Xornal de Galicia, 24 de setembro de 2010.
  10. "Dúas palabras: Querémoste, Ana" Arquivado 07 de febreiro de 2016 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 1/12/2008

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
Vídeos externos
  Entrevista en xullo de 2010 TVG.

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1