André Marie Constant Duméril

André Marie Constant Duméril, nado en Amiens o 1 de xaneiro de 1774 e finado en París o 14 de agosto de 1860, foi un zoólogo e naturalista francés.

Modelo:BiografíaAndré Marie Constant Duméril

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1774 Editar o valor en Wikidata
Amiens, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte14 de agosto de 1860 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 25
Grave of Delaroche-Dumeril (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
133º Presidente Academia francesa das ciencias
1 de xaneiro de 1831 – 31 de decembro de 1831
← Pierre-Simon GirardSylvestre François Lacroix (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZoólogo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónentomólogo, médico, herpetólogo, zoólogo, ictiólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Nacional de Historia Natural de Francia
Paris Medical Faculty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaDuméril Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAlphonsine de La Roche Editar o valor en Wikidata
FillosAuguste Duméril Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 190981962 Editar o valor en Wikidata

Foi profesor de anatomía no Museo Nacional de Historia Natural de Francia desde 1801 a 1812, cando se fixo profesor de herpetoloxía e ictioloxía.

Traxectoria

editar

André Marie Constant Duméril foi doutor moi novo, aos 19 anos, na Escola Médica de Rouen. En 1800 deixou París e colaborou no bosquexado das leccións da anatomía comparada de Georges Cuvier.

Substituíu a Cuvier na Escola Central do Panteón de París, xunto co seu colega Alexandre Brongniart. En 1801, impartiu cursos na Escola Médica de París.

Baixo a Restauración que seguiu á Revolución de 1848 foi elixido membro da Academia de Ciencias Francesa. En 1803 sucedeu a Lacépède como profesor de herpetoloxía e ictioloxía do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, aínda que asumiu este cargo, só oficialmente, en 1825, á morte de Lacépède.

En 1806 publicou Zoologie analytique, que comprendía todo o reino animal e mostraba as relacións entre os diferentes xéneros, aínda que non das especies.

En 1832 o seu axudante Gabriel Bibron (1806-1848), asumiu a tarefa de describir as especies para unha nova versión estendida de Zoologie analytique, mentres que Nicolaus Michael Oppel (1782-1820) o axudou cunha revisión da sistemática.

Despois da prematura e inesperada morte de Bibron, Auguste Duméril, fillo de André, substituíno. Pero a morte de Bibron demorou, durante dez anos, a publicación do novo traballo. En 1851, os dous Duméril, padre e fillo, publicaron o Catalogue méthodique de la collection des reptiles (aínda que o fillo, Auguste Duméril, era ao parecer o verdadeiro autor). E en 1853, André Duméril, xa só, publicou Prodrome de la classification des reptiles ophidiens. Neste libro propón unha clasificación de todas as serpentes en sete volumes.

André Duméril descubriu unha colección de peixes no ático da casa de Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon describindo estas especies que foran recolectadas por Philibert Commerson case 70 anos antes.

Un dos seus traballos máis importantes, l’Erpétologie général ou Histoire naturelle complète des reptiles, foi publicado en nove volumes entre 1834 e 1854. Nel descríbense 1 393 especies con todo detalle, e especifícase a súa anatomía e fisioloxía, acompañadas da oportuna bibliografía. Debe salientarse, porén, que Duméril mantivo aos anfibios entre os réptiles a pesar dos traballos de Alexandre Brongniart ou de Pierre André Latreille, e dos descubrimentos anatómicos de Karl Ernst von Baer (1792-1876) ou de Johannes Peter Müller (1801-1858).

André Duméril estivo interesado durante toda a súa vida, ademais de na herpetoloxía, nos insectos, e publicou varias memorias de entomoloxía. O seu traballo entomolóxico principal é Entomologie analytique, publicado en dous volumes en 1860.

Co seu fillo Auguste creou os primeiros vivarium para réptiles do Jardin des Plantes. Duméril sempre considerou as observacións na conduta animal de importancia taxonómica.

Despois de 1853 comezou a delegar funcións no seu fillo, retirándose completamente en 1857. Foi nomeado Comandante da Lexión de Honor dous meses antes da súa morte, en agosto de 1860.

Algunhas publicacións

editar
  • Zoologie analytique, París, 1806
  • Traité élémentaire d'histoire naturelle, 4ª ed., París, 1830
  • Ichthyologie analytique, 1856
  • Erpétologie générale, 1835-50 (con Gabriel Bibron)
  • Entomologie analytique, 1860

Honores

editar

Algunhas especies nomeadas na súa honra:

Abreviatura

editar

A abreviatura Duméril emprégase para recoñecer a André Marie Constant Duméril como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  NODES
todo 3