Andy Panko
baloncestista estadounidense
Andrew "Andy" John Panko III, nado o 29 de novembro de 1977 en Harrisburg, Pensilvania, é un ex-xogador estadounidense de baloncesto profesional. Mide 2,06 metros e xogaba nas posicións de ala e ala-pivote.
Traxectoria
editarPanko comezou a súa carreira coma profesional cos New Mexico Slam da International Basketball League. Fixo o seu debut na National Basketball Association (NBA) cos Atlanta Hawks no ano 2001. Foi nomeado mellor xogador da tempada da Liga ACB na tempada 2011-12, sendo xogador do Lagun Aro GBC.[1]
Asinou co Panathinaikos BC grego no ano 2012.[2] Máis tarde nese mesmo ano, fichou polo Unicaja Málaga.[3]
Notas
editar- ↑ "ACB.com Andy Panko, MVP Orange 2011-12 .". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 28 de decembro de 2012.
- ↑ "Euroleague.net PANATHINAIKOS signs veteran big man Panko.". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2012. Consultado o 28 de decembro de 2012.
- ↑ "UNICAJA MALAGA gets Panko from Panathinaikos". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2012.