Década de 1970
(Redirección desde «Anos 1970»)
A década da 1970 foi o período de tempo entre 1 de xaneiro de 1970 e 31 de decembro de 1979. Foi a época en que aconteceu a Crise do Petróleo, o que conduciu aos Estados Unidos, o Brasil, Suecia e o Reino Unido á recesión económica. O Xapón e a desaparecida Alemaña Occidental, ao contrario, iniciaron procesos de crecemento.
Segundo milenio | |||||
Século XX | |||||
| |||||
|
1970
- Artigo principal: 1970.
- 1 de xaneiro - No Reino Unido fíxase a maioría de idade nos 18 anos.
- 12 de xaneiro: a Guerra de Biafra, finaliza coa rendición de Biafra.
- 23 de xaneiro: os gobernos do Perú e Colombia dan a coñecer a súa decisión de defender os seus dereitos para fixar a extensión dos seus mares territoriais.
- 23 de febreiro: en Georgetown (Guïana), o gobernador xeral británico proclama o nacemento da República de Guïana, con sir Edward Luckhoo como presidente.
- 9 de abril: en Chile, Salvador Allende convértese no primeiro político socialista da América do Sur que gaña eleccións presidenciais.
- 10 de abril: George Harrison anuncia a disolución do grupo The Beatles.
- 29 de abril: tropas estadounidenses e survietnamitas invaden Camboxa na procura de gerrilleiros vietcongs.
- 5 de maio: O buque petroleiro Polycommander encalla nas illas Cíes.
- 9 de maio: Nos Estados Unidos cen mil persoas protestan contra a guerra do Vietnam.
- 31 de maio: inauguración da Copa do Mundo de Fútbol na Cidade de México. Brasil será o campión neste ano.
- 21 de xuño: Inauguración do encoro de Asuán, en Exipto.
- 6 de setembro: Miguel Ángel Araujo Iglesias é ordenado bispo de Mondoñedo-Ferrol, celebrándose a cerimonia en galego por vez primeira na historia da igrexa galega.
- 10 de outubro: Fidxi independízase do Reino Unido.
- 15 de outubro: en Exipto, Anwar el-Sadat convértese no novo presidente como sucesor do falecido Gamal Abdel Nasser.
- 13 de novembro: en Siria, tras un golpe de estado, Hafez al-Assad asume a presidencia do país.
- 10 de decembro: en Estocolmo, os investigadores da fusión nuclear e do ferromagnetismo Hannes Alfvén de Suecia e Louis Néel de Francia reciben o Premio Nobel de Física.
- 10 de decembro: en Noruega, o arxentino Luis F. Leloir é galardoado co Premio Nobel de Química polas investigacións realizadas sobre a interconversión de hidratos de carbono simples en complexos. O investigador agrónomo estadounidense Norman Borlaug recibe o Premio Nobel da Paz polo desenvolvemento en variacións de trigo de alta produtividade.
1971
- Artigo principal: 1971.
- O Instituto da Lingua Galega publica o manual Galego 1, primeiro método de ensino do galego [1]
- 1 de xaneiro - Chile: o goberno de Unidad Popular nacionaliza a banca privada.
- 2 de xaneiro - 66 mortos pola rotura das bancadas durante o partido de fútbol entre o Rangers F.C. e o Celtic F.C. en Glasgow, Escocia.
- 29 de abril - Bolivia nacionaliza a mina de zinc de Matilde, antes pertencente a unha compañía estadounidense.
- 22 de maio - Un terremoto coa duración de 20 segundos destrúe Bingöl, na Turquía, e deixa máis de 1000 mortos.
- 1 de xuño - Veteranos de guerra por unha Paz Xusta protestan contra a Guerra do Vietnam.
- 16 de xullo - Francisco Franco designa Xoán Carlos I como seu succesor.
- 25 de agosto - Bangladesh e a Bengala Occidental sofren fortes inundacións.
- 26 de agosto - Un goberno civil asume o poder na Grecia.
- 17 de outubro - Lanzamento do satélite artificial estadounidense ASTEX.
- 25 de outubro - A Asemblea Xeral das Nacións Unidas admite a República Popular da China e expulsa Taiwán.
1972
- Artigo principal: 1972.
- 4 de xaneiro - Rose Heilbron convértese na primeira xuíza do Reino Unido.
- 30 de xaneiro - 13 mortos nos sucesos do Domingo Sanguento en Irlanda do Norte.
- 2 de febreiro - Inauguración en Sapporo (Xapón) dos Xogos Olímpicos de Inverno.
- 7 de febreiro - O cardeal Vicente Enrique y Tarancón elixido presidente da Conferencia Episcopal Española.
- 21 de febreiro - Richard Nixon visita China, sendo a primeira visita oficial dun presidente de Estados Unidos a este país.
- 3 de marzo - Lanzamento de Pioneer 10 cara Xúpiter e o espazo interestelar.
- 1 de abril - Anastasio Somoza dimite como presidente de Nicaragua.
- 16 de abril - Lanzamento do Apolo 16 cara a Lúa.
- 17 de xuño - Estados Unidos: rexistro ilegal da sede do Partido Demócrata no Hotel Watergate
- 31 de xullo - A Universidade de El Salvador intervida militarmente, violando a autonomía, capturando e desaparecendo a moitos estudantes.
- 5 de setembro - Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic. O grupo terrorista Setembro Negro asasina a once integrantes do equipo olímpica de Israel durante a XX edición dos Xogos Olímpicos de Verán.
- 13 de outubro - Estrélase nos Andes o avión que transporta un equipo de rugby uruguaio.
- 4 de decembro - Un policia nacional mata en Santiago de Compostela ao estudante de Medicina da USC José María Fuentes Fernández.
- 11 de decembro - A misión Apolo 17 aluniza no val de Taurus, xunto ao cráter Littrow, na última visita do home á Lua.
- 16 de decembro - Lanzamento do satélite artificial alemán Aeros 1.
- 22 de decembro - Son rescatados os 16 superviventes dun avión accidentado 70 días antes na Cordilleira dos Andes con 45 persoas a bordo.
- 23 de decembro - Nicaragua: Un terremoto destrúe Managua, e causa máis de 6.000 mortos.
1973
- Artigo principal: 1973.
- 1 de xaneiro, nace a Europa dos nove ó unirse á CEE o Reino Unido, Irlanda e Dinamarca.
- 6 de marzo, lanzamento de Pioneer 11 cara Xúpiter, Saturno e o espazo interestelar.
- 4 de abril, inaugúranse as Torres Xemelgas do World Trade Center de Nova York.
- 20 de maio, a Fronte Polisario efectúa a súa primeira acción armada contra un destacamento militar español de Janguet Quesat.
- 10 de agosto, aparece en Vigo o semanario El Pope.
- No mes de outubro comezou a crise do petróleo de 1973.
1974
- Artigo principal: 1974.
- 4 de xaneiro, o presidente dos Estados Unidos, Richard Nixon, négase a entrega-las cintas magnetofónicas solicitadas polo senado.
- 25 de abril, prodúcese a Revolución dos caraveis en Portugal, que derroca o réxime fascista instaurando a democracia.
- 19 de xuño, en Manila (Illas Filipinas) Amparo Muñoz Quesada (Miss España 1973) convértese en Miss Universo 1974.
- 1 de xullo, morre Juan Domingo Perón, presidente da Arxentina que é sucedido pola súa esposa, a vicepresidenta María Estela Martínez de Perón.
- 16 de xullo - Lanzamento do satélite artificial alemán Aeros 2.
- 25 de xullo, comeza a emisión de Panorama de Galicia, o primeiro programa de televisión en lingua galega.
1975
- Artigo principal: 1975.
- É declarado Ano Internacional da Muller, auspiciado pola Asemblea Xeral da ONU.
- 15 de marzo: no Brasil ocorre a fusión do antigo estado de Guanabara co estado do Río de Xaneiro. A cidade do Río de Xaneiro convértese na capital do estado fusionado.
- 30 de abril: caída de Saigón en mans das forzas comunistas, pondo fin á Guerra do Vietnam.
- 15 de maio: tras un referendo, o Sikkim incorpórase á India, tornándose un estado desta.
- 25 de xuño: Mozambique tórnase independente de Portugal.
- 5 de xullo: Cabo Verde tórnase independente de Portugal.
- 6 de xullo: as illas Comores tórnanse independentes de Francia.
- 12 de xullo: San Tomé e Príncipe tórnase independente de Portugal.
- 12 de agosto: accidente ferroviario entre Bamio e a estación de Vilagarcía de Arousa. Descarrilou un ferrobús que realizaba o percorrido entre Santiago de Compostela e Vigo. Morreron seis persoas e máis de corenta resultaron feridas[2].
- 16 de setembro: Papúa Nova Guinea tórnase independente de Australia.
- 27 de setembro: execución de tres militantes da FRAP (entre eles o galego Xosé Humberto Baena Alonso) e dous militantes de ETA. Son os últimos fusilamentos da ditadura franquista.
- 8 de novembro: accidente ferroviario entre a estación de Laza e a estación de Vilar de Barrio. O expreso Rías Baixas da liña Madrid-Pontevedra descarrilou no interior dun túnel. Morreron cinco persoas e 9 resultaron feridas[3].
- 14 de novembro: España abandona o Sáhara Occidental.
- 20 de novembro: Morre o ditador de España Francisco Franco Bahamonde.
- 25 de novembro: Suriname tórnase independente dos Países Baixos.
- 28 de novembro: Timor Leste tórnase independente de Portugal.
- 7 de decembro: Indonesia invade Timor Leste e mantén a ocupación ata 1999.
- Arte e cultura
- Demolición, tras sonoras protestas, do Edificio Castromil de Santiago de Compostela, obra emblemática do Modernismo galego, da autoría de Rafael González Villar.
1976
- Artigo principal: 1976.
- 1 de xaneiro: en Venezuela, o goberno de Carlos Andrés Pérez nacionaliza a explotación de petróleo.
- 24 de febreiro: A Policía Armada mata ao silledense Teófilo del Valle en Elda durante unha folga do calzado.
- 9 de setembro: accidente ferroviario en Rande (Redondela)[4]. O expreso 2745 Santiago de Compostela-Vigo chocou cunha locomotora. O balance oficial do accidente foi de 15 persoas mortas e 35 feridas, se ben outras fontes sinalaron vinte mortos[5].
- 15 de setembro: aparece Teima, primeira revista editada integramente en galego en Galicia.
- 3 de decembro: Fidel Castro asume o cargo de presidente de Cuba.
- 15 de decembro: celébrase en España o referendo para a reforma política.
1977
- Artigo principal: 1977.
- 4 de xaneiro - Manifestacións en toda España esixindo a amnistía.
- 27 de marzo - Unha colisión entre dous avións Boeing 747 no aeroporto de Los Rodeos, Tenerife, causa a morte a 583 persoas, no que é o accidente aéreo con maior número de vítimas mortais da historia da aviación.
- 25 de outubro - Asínase en Madrid o Pacto da Moncloa, un acordo entre o Goberno de España (representado por Adolfo Suárez), os principais partidos políticos con representación parlamentaria, as asociacións empresariais e o sindicato Comisións Obreiras, co obxectivo de estabiliza-lo proceso de transición ó sistema democrático.
- 29 de outubro - Abre as súas portas por primeira vez o Museo do Pobo Galego.
- 1 de decembro - Derrógase en España a censura previa cinematográfica.
1978
- Artigo principal: 1978.
- En España, a maioría de idade pasa dos 21 aos 18 anos.
- A OMS declara oficialmente a erradicación das vexigas
- 4 de xaneiro - Créase o Consello Xeral do País Vasco, con Jesús María de Leizaola como primeiro lendacari.
- 16 de marzo - Decreto-Lei polo que se crea o réxime preautonómico de Galicia.
- 3 de maio - O responsable de mercadotecnia da sociedade informática estadounidense DEC (hoxe desaparecida) enviou un correo electrónico con publicidade a unhas 400 persoas. Nace así o spam, ou correo lixo[6].
- 20 de maio - Lanzamento de Pioneer 12 (Pioneer Venus Orbiter) cara Venus.
- 11 de xuño - Créase o municipio de Ferrol, na provincia de Romblon, en Filipinas.
- 19 de xuño - Publícase a primeira tira cómica de Garfield.
- 8 de agosto - Lanzamento de Pioneer 13 cara Venus.
- 1 de decembro: publícase o primeiro número do Diario Oficial de Galicia.
- 6 de decembro - Aprobase a Constitución Española polo pobo español en referendo.
1979
- Artigo principal: 1979.
- A ONU proclama 1979 como Ano Internacional do Neno.
- 1 de xaneiro
- Estados Unidos e a República Popular da China establecen relacions diplomáticas.
- China: adopción do sistema de transcrición Pinyin.
- Naufraxio do petroleiro grego Andros Patria, ao oeste das Illas Sisargas provocando unha marea negra que alcanzaría Galicia nos seguintes días (o sinistro comezou o 31 de decembro anterior).
- 4 de xaneiro - O Sha do Irán abandona Teherán camiño do exilio.
- 28 de xaneiro - A escritora Carmen Conde Abellán le o seu discurso de entrada na Real Academia Española. É a primeira muller en entrar nesta institución.
- 1 de marzo - Adolfo Suárez (UCD) trunfa nas eleccións xerais.
- 26 de marzo - Anwar Sadat e Menachem Begin asinan en Washington o Tratado de paz israelo-exipcio.
- 28 de marzo – Grave accidente nun dos reactores da central nuclear de Three Mile Island (Harrisburg, Pensilvania, con liberación ó exterior de material radioactivo.
- 3 de abril - Primeiras eleccións municipais democráticas en España. A UCD é o partido máis votado.
- 7 de abril- Redáctase o Estatuto dos dezaseis con participación de persoeiros galegos nacionalistas (POG, PG), de AP, PSOE, PCE e UCD
- 10 de abril - Un bus cheo de escolares vigueses caeu ao río Órbigo en Santa Cristina de la Polvorosa morrendo 49 persoas.
- 2 de xuño - O papa Xoán Paulo II visita Polonia. É a primeira visita dun papa a un país comunista.
- 18 de xuño - En Viena, Jimmy Carter e Leonid Brezhnev asinan o tratado SALT II.
- 19 de xullo - Dous días despois da fuxida de Somoza, o Frente Sandinista toma Managua.
- 25 de decembro - Invasión soviética de Afganistán.
Política
- novembro de 1975, Independencia de Angola.
- 6 de decembro de 1978, Constitución española de 1978, que recoñece nacionalidade histórica de Galicia.
Notas
- ↑ ILG.USC.es.
- ↑ "Villagarcía de Arosa: cinco muertos al descarrilar un ferrobús", artigo en La Vanguardia, 13 de agosto de 1975, p. 12.
- ↑ "Cinco muertos al descarrilar el tren “Rias Bajas” de Madrid a Vigo", artigo en ABC, 9 de novembro de 1975, p. 43.
- ↑ "El trágico accidente ferroviario de Rande", La Vanguardia, 10 de setembro de 1976 (en castelán).
- ↑ "Veinte muertos en un accidente ferroviario, en Vigo", El País, 10 de setembro de 1976 (en castelán).
- ↑ "El 'spam', una peste que cumple 30 años en los ordenadores", en La Voz de Galicia, 3.05.2008.