Ansur
Santo Ansur[1] (tamén chamado Aduri, Asuri ou Isauri), finado no ano 925 foi bispo de Ourense entre o ano 915 e o 922. A súa festa litúrxica é o 26 de xaneiro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Galicia, España |
Morte | 925 |
Bispo | |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 26 de xaneiro |
Traxectoria
editarEn agosto do ano 922 renunciou ao cargo e marchou como monxe ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, que axudou a fundar.[1] Así fixeron outros oito bispos da época: Bimarasio de Ourense; Gonzalo Osorio e Froalengo de Coímbra; Servando, Viliulfo e Paio, de Iria; e mais Afonso e Pedro de Astorga[2]. Todos finaron nese mosteiro, onde son venerados como os "Bispos santos". Foi amigo de san Rosendo.[1]
Ansur foi sepultado no claustro do mosteiro, mais no século XV movéronse os restos mortais de todos eles ao retablo da igrexa do mosteiro. Hai constancia do seu culto dende o século XIII.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-20.
- ↑ Enrique Flórez, Manuel Risco, Antolín Merino, José de la Canal, Pedro Sainz de Baranda, Vicente de la Fuente, Carlos Ramón Fort y Pazos, Real Academia de la Historia de España, Cándido Ángel González Palencia (1763). España sagrada: Theatro geographico-historico... M. F. Rodriguez.