Antepretérito
tempo verbal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
O antepretérito de indicativo, ou pluscuamperfecto[1], é un dos tempos verbais. Caracterízase por posuír vogal temática e un sufixo modo-temporal "ra".
O antepretérito de indicativo modalmente é real e indica un momento anterior a un referente anterior: cando cheguei á estación, xa marchara o autobús.
Valores do antepretérito de indicativo
editar- De cortesía: pode presentar tamén valores non reais referidos ó presente: quixera falar con vostede.
- Estar presente en oracións desiderativas: o demo o levara!
- Pode indicar unha acción que cumpría realizar no pasado. Tería un valor enfático: se non xantaches, xantaras.
Formas
editarandara | varrera | partira |
andaras | varreras | partiras |
andara | varrera | partira |
andaramos | varreramos | partiramos |
andarades | varrerades | partirades |
andaran | varreran | partiran |
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pluscuamperfecto.