Antilambda
O antilambda, coñecido en paleografía coa denominación latina diple,[1] é un signo ortográfico auxiliar que pode empregarse como signo simple ou como signo dobre, cunha forma de apertura ( < ) e outra de peche ( > ).
< > |
---|
Antilambda |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
Historia
editarO nome do signo provén da súa semellanza coa forma maiúscula da letra grega lambda (Λ), mais disposta en horizontal.[1]
O antilambda xa era utilizado na antiga Grecia. O símbolo > considérase unha creación de Aristarco de Samotracia, (século II a.C.), editor de Homero, que o utilizaba para indicar que discordaba da opinión de Zenódoto de Éfeso, editor anterior.[2]
Ese mesmo signo > empregábase nas marxes dos manuscritos latinos e gregos para indicar que nesa liña había algunha palabra ou pasaxe relevante. Posteriormente introduciuse o signo < para encerrar o texto.[3]
Isidoro de Sevilla explica nas súas Etymologiae que o antilambda se usaba na súa época para indicar que unha cita dun texto era bíblica e non un comentario.
Na Idade Media utilizáronse diferentes signos: V, Y, 7... Coa imprenta continuouse a empregar, sendo a orixe das comiñas latinas.[3]
Uso como signo dobre
editarComo signo dobre recibe tamén a denominación de parénteses angulares[4], sendo os seus principais usos os seguintes:
- Nas transcricións paleográficas e nas edicións críticas de textos antigos utilízase para desenvolver abreviaturas e encerrar partes do texto reconstruídas ou non presentes no orixinal.
- Pode usarse en vez das comiñas en partes de textos que xa teñan eses signos tras utilizar as comiñas latinas, inglesas e simples.[1]
- Na banda deseñada empréganse para indicar que unha personaxe fala nun idioma distinto.[5]
- En Informática serve para encerrar as etiquetas propias das linguaxes de marcación HTML e XML.[6]
- Nos primeiros tempos de Internet empregábase para encerrar enderezos de correo electrónico e páxinas web, especialmente en texto plano ou naqueles soportes que non permitían formatos.[7]
- En Matemáticas indican o subgrupo xerado por un subconxunto[8] ou un produto interno.
Uso como signo simple
editarComo signo simple non pode considerarse propiamente un signo ortográfico auxiliar. Emprégase en ámbitos do saber moi concretos.
- En Lingüística é usado para mostrar a etimoloxía ou a evolución dunha palabra. Así, o signo de peche indica que o termo anterior dá orixe ao que segue ( FACERE > FACER), e o de apertura, que o termo que o precede deriva do posterior (OURO < AURUM).
- En Matemáticas o signo > significa maior que (3 > 0) e < significa menor que (2 < 5), podendo combinarse co signo igual: ≤ ou ≥.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Bermúdez, Manuel. (Breve) Manual de estilo universitario (PDF). Servizo de Normalización Lingüística – USC.
- ↑ "Aristarch de Samotracia". Consultado o 27 de outubro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 Fernández López, Justo. Hispanoteca – Lengua y cultura, ed. "Antilambda o diplé". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2013.
- ↑ González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4.
- ↑ Scribendi (ed.). "Square Brackets, Curly Brackets, Angle Brackets, Oh My!". Consultado o 27 de outubro de 2013.
- ↑ PC Magazine Encyclopaedia (ed.). "Angle Brackets Definition". Consultado o 27 de outubro de 2013.
- ↑ The Punctuation Guide (ed.). "Angle Brackets". Consultado o 27 de outubro de 2013.
- ↑ Ikenaga, Bruce. Millersville University, ed. "Subgroups". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-040-6.