Antonio de Cora Sabater

avogado e xornalista galego

Antonio de Cora Sabater, nado en Lugo o 18 de outubro de 1889 e finado en Madrid o 6 de xuño de 1943, foi un avogado e xornalista galego.

Modelo:BiografíaAntonio de Cora Sabater
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1889 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 1943 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiPurificación de Cora Más-Villafuerte Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4818629 BUSC: cora-antonio-de-1889-1943

Traxectoria

editar
 
Escultura en Lugo de Pelúdez e familia.

Fillo de Purificación de Cora Más-Villafuerte e mais Teresa Sabater Becerra, e irmán de Purificación de Cora Sabater. Estudou Dereito nas universidades de Madrid e Santiago de Compostela. Trasladouse a Lugo para formar parte da redacción de El Progreso, do que foi director entre 1914 e 1927 e no que escribiu numerosos artigos utilizando o pseudónimo de D’Orca. Foi o creador do personaxe Pelúdez, presente nas páxinas do xornal dende a súa fundación.

Baixo o pseudónimo de Roberto Caín de Santaoya escribe revistas ou apropósitos en galego e castelán que se estrean no Círculo das Artes, como El Parque da Fala, en marzo de 1917.

Colaborou noutros medios informativos e dende a Librería Religiosa editou publicacións e postais de Lugo. Foi presidente do Orfeón Gallego e do Círculo das Artes. Foi primeiro tenente de alcalde do concello de Lugo. Foi designado maxistrado suplente na Audiencia de Lugo e apoderado dos exportadores de gando da provincia. En 1927 trasladou a súa residencia a Madrid, onde continuou exercendo a avogacía, actuou como correspondente político de El Progreso e presidiu a Casa de Galicia.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
iOS 2
os 16
todo 1