Puglia

(Redirección desde «Apulia»)

Puglia (en fala barese e fala foggiano: Púgghie; en fala salentina: Puia; en franco-provenzal: Poulye; en latín: Apulia) é unha rexión da Italia meridional. Conta con 4.069.869 habitantes e ten a capital na cidade de Bari. Limita ao norte con Molise, ao oeste coa Campania e a Basilicata, ao sur co Mar Xónico e ao norte e leste co Mar Adriático. Comprende as provincias de Bari, Barletta-Andria-Trani, Brindisi, Lecce, Foggia e Tarento. Corresponderíase co tacón da analoxía popular entre a forma de bota e a forma xeográfica de Italia, quere dicir, está no extremo sueste da Península Itálica. Ten unha extensión de 19.358 km², e a capital é Bari.

Modelo:Xeografía políticaPuglia
Imaxe

EpónimoApulia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°00′31″N 16°30′46″L / 41.0086, 16.5128
PaísItalia Editar o valor en Wikidata
CapitalBari Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación4.029.053 (2019) Editar o valor en Wikidata (208,05 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie19.365,8 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónNicolao de Mira Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Apulia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• President of Apulia (en) Traducir Editar o valor en WikidataMichele Emiliano (2015–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoRegional Council of Apulia (en) Traducir Circunscrición: 6, (Escano: 51) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2IT-75 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSITF4 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT16 Editar o valor en Wikidata

Sitio webregione.puglia.it Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453801
Praza Cavour, Foggia

Xeografía

editar
 
Vista das Illas Tremiti

A Puglia é a rexión máis oriental de Italia. Punta Palascia (en Otranto, no Salento), dista preto de 80 km das costas de Albania e constitúe o punto máis oriental de Italia. O seu territorio é chairo no 53,3%, ten outeiros no 45,3% e montañoso só no 1,5%. Está bañada polo Mar Adriático e o Mar Xónico.

Puglia é unha rexión moi árida. Os principais ríos son o río Fortore, o río Candelaro, o río Cervaro e o río Ofanto. Os seus poucos ríos son torrenciais e no Tavoliere. No resto de lugares, a auga da choiva fíltrase polo leito de calcaria para formar cursos subterráneos de auga que afloran preto da costa. A auga subterránea é polo tanto abondo, e hai moitas covas.

O clima en Puglia é mediterráneo, agás en Tavoliere, onde reviste caracteres de continental. A paisaxe está cuberta de garrigas ou maquias debido a un clima bastante seco provocado polos cálidos ventos procedentes do norte de África e do Levante (tramontana), así como dos fríos e tamén desecantes ventos do nordeste (bóreas). O único lago potable, de onde sae o acueduto pugliese, é o Lago de Occhito situado no lindeiro con Molise (esta escaseza de auga fan habituais as crises hídricas).

División administrativa

editar

A rexión da Puglia subdivídese nas seguintes provincias:

Mapa das provincias da Puglia
 
  NODES
admin 2
todo 1