Aríns, Santiago de Compostela

parroquia civil do concello de Santiago de Compostela

San Martiño de Aríns[1] é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.402 habitantes (713 homes e 689 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 904 habitantes.

Aríns
Igrexa de Aríns
ConcelloSantiago de Compostela[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°51′54″N 8°30′01″O / 42.8651, -8.5002
Área11,49 km²
Poboación1.390 hab. (2019)
Densidade120,97 hab./km²
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Dentro da Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia, de Martínez de Padín, indícase[2] que un dos ríos que bañan esta parte é o Aríns, do que recibe o nome a parroquia.

Historia

editar

No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz, indícase[3]:

ARÍNS (SAN MARTIÑO DE):[4] freg. na prov. d'A Coruña (10 1/2 leg.), dioc. e part. xud. de Santiago (3/4), e conc. de Conxo:[5] SIT. en terreo montuoso e parte nun vale, ao O. do Almenal ou Fornás, que a resgarda dos ventos do L.: o seu CLIMA é temperado e san: ten sobre 130 CASAS pobres e incómodas, distribuídas nos l. e barrios de Andrade, Aramio, Cacharela, Costa, Devesa, Eixo, Fondevila, Fornás, Igrexario, Lobio, Pena, Sanxuás, Sobríns, Torre Branca e Vilacova,[6] que gozan de boas e abondosas augas. A igr. parr. (San Martiño) é de fundación inmemorial, se ben os libros bautismais son do século XVII: o curato é de provisión ordinaria, e percibía 1/3 do décimo e primicia, recadando os 2 restantes o cabido de Santiago, sen prexuízo das casas exentas que pertencían ao Goberno, e coa notable circunstancia de que o cura recibía 2/3 da parte decimada nos terreos do Igrexario: o cemiterio, aínda que sit. no adro da igr. non dana á saúde pública, por atoparse amurallado e con boa ventilación. O TERM. esténdese a 1 leg. de N. ao S. e 1 1/2 de L. ao O.: confina ao N. con Sta. Eulalia de Bando, polo L. con Sta. María de Lamas e Sta. Baia de Vigo,[7] polo S. con San Cristovo do Eixo e Santa María de Marrozos,[8] e ao O. Sta. María a Real de Sar:[9] a baña cruzando o terr. un dos r., que variando de nome veñen a formar o Sar ou r. do Arcebispo;[10] o seu curso é perenne, recibe algúns regatos, e aínda que de pouco caudal, ten 1 ponte de pedra de 2 arcos de má construción e peor estado. O TERREO é fértil, con especialidade na parte do l. de Cacharela; porén carece de arboredo: os CAMIÑOS son locais, e así como o de ferradura que se dirixe ás freg. de Vigo e Lamas, se encontran abandonados: o CORREO recíbese en Santiago: PROD.: trigo, maínzo, fabas, liño, centeo, cebada e algunhas froitas: cría gando vacún, cabalar, lanar e de cerda; e hai caza de lebres e perdices: o sobro da colleita e parte do gañado o presentan estes naturais nos mercados de Santiago, Padrón e outros inmediatos: a IND. atópase reducida a varios muíños fariñeiros, e algúns teares, pero puidera se establecer con utilidade 1 fáb. de caparrosa, á que convida a abundancia de piritas de ferro que se desprenden do monte Fornás e que se cre beneficiaban os romanos: POBO.: 134 vec., 634 alm.: CONTR. co seu concello. (V.).

Festas

editar

A parroquia celebra as festas populares máis grandes a última fin de semana de agosto, e o seu patrón (San Martiño) o 11 de novembro.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Aríns

editar
Lugares da parroquia de Aríns no concello de Santiago de Compostela

Andrade | O Aramio | A Cacharela | A Devesa | Fornás | A Granxa | O Igrexario | Lobio | A Pena | Sanxuás | Sobríns | A Torre Branca | Vilacova

Parroquias de Santiago de Compostela

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela

Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán)

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Martínez de Padín, Leopoldo (1849). Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia (en castelán) I. Madrid: A. Vicente (impresor). p. 50. O Ulla atravesa todo o ameno val deste nome, e recibe polo norte o Barbanzón, o Iso, o Vesaña, o Sales, e o Aríns, de terceira, e de máis curto caudal, o Sar que pasa por Santiago e o Mera. 
  3. Madoz, Pascual (1845). "ARINES". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) I. Madrid. p. 64. 
  4. «Arines (San Martín de)» no orixinal.
  5. «Conjo» no orixinal.
  6. «Andrade, Aramio, Cacharela, Costa, Devesa, Ejo, Fondevila, Fornás, Iglesario, Lobio, Pena, Sanjuans, Sobrin, Torreblanca y Vilacoba» no orixinal.
  7. «Sta. Eulalia de Vigo» no orixinal.
  8. «San Cristóbal de Eijo y Santa Maria de Marrozos» no orixinal.
  9. «Santa Maria la Real de Sar» no orixinal.
  10. «r. del Arzobispo» no orixinal.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
HOME 1
iOS 4
os 60
todo 2