Lingua ardhamagadhi
A lingua ardhamaghadi, prácrito magadhi ou prácrito de Magadha é unha lingua prácrita usada na composición de dramas. O prácrito magadhi falouse na parte oriental do subcontinente indio, nunha rexión que abarca a actual India oriental, Bangladesh e mais o Nepal. Pénsase que foi a lingua de importantes figuras relixiosas, como o Buda Gautama ou Mahavira, así como o idioma empregado nas cortes de Magadha mahajanapada e o imperio Maurya. Os edictos de Aśoka están redactados nesta lingua.[1]
Prácrito de Magadha Ardhamāgadhī | ||
---|---|---|
Falado en: | Bangladesh India Nepal | |
Total de falantes: | Lingua morta | |
Familia: | Indo-europeo Ardhamāgadhī | |
Escrita: | Devanagari | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pka
| |
Mapa | ||
Status | ||
O ardhamaghadi evolucionou cara a diversas linguas indoarias orientais, como os actuais assamés, bengalí ou oriya, e cara as linguas bihari (por exemplo, o bhojpuri, maithili ou magahi).[2]
Relación co pali
editarSegundo a tradición do budismo theravada, o pāḷi e o ardhamagadhi serían termos equivalentes para a mesma lingua. Así, tanto o Buda Gautama, fundador do budismo, como Mahavira, pioneiro do xainismo, terían predicado en magadhi.
Notas
editar- ↑ Bashan 2004, p. 394.
- ↑ VV. AA. 2003, p. 203.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bashan, A. L (2004). The Wonder that was India (en inglés). Picador. ISBN 9789389109344.
- VV. AA. (2003). South Asian Folklore: An Encyclopedia (en inglés). Routledge. ISBN 9780415939195.