Argumento
O argumento en lóxica
editarEn lóxica, un argumento é a expresión lingüística dun razoamento. Un argumento está formado por enunciados que enlazan entre si, de maneira que un deles, denominado "conclusión", aparece como resultado dos demais, chamados "premisas" do argumento. No seguinte exemplo de argumento, os dous primeiros enunciados son as premisas e o terceiro é a conclusión que "deriva" ou "se deduce" daqueles:
"Tódolos humanos son animais e tódolos animais son mortais. Xa que logo, tódolos humanos son mortais".
O argumento en lingüística
editarO argumento, para os lingüistas transformacionais, é o participante que intervén no acontecemento do predicado. Os adxuntos ou circunstanciais non son argumentos porque son opcionais, non os necesita o predicado.
O argumento en narratoloxía
editarO argumento en narratoloxía é o resumo da historia, unha síntese que respecta a orde temporal dos sucesos narrados.
Este concepto oponse a trama, pois a trama sintetiza o relato, respectando a orde textual.