Artes, Carballo
San Xurxo de Artes[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2019 a súa poboación descendera ata os 586 habitantes, sendo 272 homes e 314 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 685 habitantes (343 homes e 342 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 686 habitantes.
Artes | |
---|---|
Pazo de Vilardefrancos en Artes. | |
Concello | Carballo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°11′36″N 8°39′24″O / 43.19327222, -8.65673611 |
Poboación | 586[2] hab. (2019) |
Entidades de poboación | 28[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarNos lindes da parroquia está o pazo de Vilardefrancos. O edificio mantén a súa estrutura orixinal en bo estado de conservación. Preto do pazo podemos atopar un espectacular exemplar de carballo.
De interese son tamén o pazo das Pallas e a igrexa barroca de San Xurxo.
Sábese da existencia da Moa Zapateira, unha mámoa localizada no casarío do Vilar.[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
editarLugares de Artes
editarLugares da parroquia de Artes no concello de Carballo (A Coruña) | |
---|---|
A Aldea | O Almacén | A Altiboa | O Alto | Armeade | Baltar | O Barral | Cabalos | A Calzada | O Campo | Choias | Os Cuartos | A Feira de Berdillo | O Forno | A Fraga | A Igrexa | As Pallas | A Pedrosa | Picoto | Os Pinos | A Pontenova | Quintela | A Telleira | Vilanova | Vilar de Francos | O Vilar | Vilarvello | O Xamozo |
Parroquias de Carballo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de setembro de 2020.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Parroquias de Artes, Sofán e Berdillo. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2011.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |