Arturo Regueiro
Arturo López Regueiro, nado en Caldas de Reis o 21 de abril de 1961, é un escritor, editor de banda deseñada, e profesor en Galiza.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1961 (63 anos) Caldas de Reis, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Traxectoria
editarEstudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén ten formación profesional como locutor, presentador e guionista de televisión.
Anos '80
editarNesta década editou e dirixiu xunto co debuxante Fausto Isorna o fanzine de cómic Valiundiez[1] e a revista cultural Das Capital.[2] Colaborou con diferentes programas de Radio 3, e traballou entre o 1986 e 1988 como locutor e guionista en Ràdio 4 de RNE.
Formouse como guionista e presentador de TV e colaborou puntualmente nalgún programa e nalgunha campaña publicitaria desta época.
Anos '90
editarEn 1993 gaña o accésit do Premio Esquío de poesía co poemario Cartografía, obra onde mestura imaxes cheas de ironía e erotismo, de referencias musicais e cinematográficas para describir o percorrido vital dun mozo labrego.
No ano 1998 gaña o primeiro certame Relatos con Clase da editorial Alfaguara co conto Un manancial na noite[3] no que describe unha mocidade abríndose camiño nun mundo incerto.
Publicou diversas colaboracións en diferentes medios escritos como Blas Espín, O Correo Galego, Revista Animal ou Luzes de Galiza. Colaborou tamén coa editorial Sotelo Blanco.
Primeira década do século XXI
editarNesta década adicouse a rematar a súa formación como guionista televisivo chegando a impartir varios cursos como formador. Colaborou puntualmente en programas de pequenas emisoras de radio como Radio Betanzos ou Radio Redondela e así mesmo con medios como Galicia Hoxe ou revistas como Grial.
Tamén ten participado con músicos de jazz nalgunha performance poética e forma parte do proxecto de jazz. Así mesmo, colabora con artistas plásticos como o escultor Álvaro de la Vega ou o fotógrafo Tino Viz co que publica o libro Galiza Cajun. Esta obra postúlase como unha revisión e reivindicación dos anteriores traballos publicados, como a escenificación de longas e demoradas teimas sobre unha Galiza mestiza, bizarra e non subvencionada, cambiante e permanente, que esmorece e só habita xa os recantos da memoria dos autores.
Regueiro escribiu ensaios ao longo dos anos '80 e '90 nas diferentes publicacións nas que ten colaborado, que falan dunha Galiza exiliada e esquecida de si mesma e só redimida pola forza da música e a imaxinación.
Apareceu nun documental sobre a historia do cómic en Galicia.[4]
Actualemete é profesor de Ética e Cidadanía no Instituto IES Agra de Leborís ( A Laracha ).
Obra literaria en galego
editarPoesía
editar- Cartografía ISBN 978-84-86046-65-1, 1994, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- Galiza Cajun poesía, con Fotografías de Tino Viz ISBN 978-84-613-6742-9 2009.
- Currículum oculto ISBN 978-84-92727-23-0 2012, 3C3 Editores.
Obra literaria en castelán
editarNarrativa
editar- Un Manantial en la Noche y otros relatos: 1er Certamen Premio Relatos con Clase ISBN 978-84-204-4928-9 1999.
Arturo Regueiro como personaxe
editarArturo Regueiro é personaxe recorrente (co seu nome e aparencias reais) nas dúas primeiras novelas de Anxos Sumai (Anxos de garda e Melodía de días usados[5]), na novela de Xurxo Borrazás Costa Norte/ZFK[6] e tamén en diferentes traballos dos poetas Xosé Luís Mosquera Camba e Iolanda Aldrei.
Notas
editar- ↑ "Valiundiez (1983) Revista ou comic-book BANDA DESEÑADA GALEGA". culturagalega.gal. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Das capital (1989) Revista ou comic-book BANDA DESEÑADA GALEGA". culturagalega.gal. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Cuatro profesores ganan el primer certamen Relatos con Clase", artigo en El País, 2 de marzo de 1999 (en castelán).
- ↑ "Axencia Audiovisual Galega". web.archive.org. 2012-02-04. Archived from the original on 04 de febreiro de 2012. Consultado o 2019-02-04.
- ↑ "Melodía de días usados". culturagalega.org. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Arredor do Borrazás style". culturagalega.org. Consultado o 2019-02-01.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- VV.AA (1995) Diccionario da Literatura Galega. "Volume I: Autores". Vigo, Editorial Galaxia.
Ligazóns externas
editar- "Un documental percorre os 35 anos de traxectoria da historieta galega", artigo en La Voz de Galicia, 6 de xaneiro de 2009.
- "Sempre me sentín rural"[Ligazón morta], entrevista en Galicia Hoxe, 17 de febreiro de 2010.
- Gravación de Déixame Ser (Let it be me), de Galicia Cajun.