Asociación Cultural O Carballo
A Asociación Cultural e Deportiva O Carballo é unha asociación cultural fundada en Taboada en 1985.
Asociación Cultural O Carballo | |
---|---|
Tipo | asociación cultural |
Data de fundación | 26 de novembro de 1985 |
Sede | Taboada |
País | Galicia |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarFoi fundada o 26 de novembro de 1985 por unha trintena de veciños e veciñas de Taboada. Desenvolveu importantes actividades, entre as que destaca a organización da primeira festa do caldo de ósos, en 1986, responsabilidade que a partir do ano seguinte asumiría o Concello. A gama de actividades que levou a cabo foi, con todo, máis variada, incluíndose palestras e conferencias de diverso tipo, festas de temática natalicia ou grupo de teatro.
Tivo a única escola de música e baile tradicionais do concello até 2009, ano en que esta pasou ao grupo de nova creación Os D'eiquí, e posteriormente, ao grupo Os Rechouchíos en 2015.
Desde 2012, a vocación da asociación pasou a ser fundamentalmente deportiva, pondo en marcha a carreira popular "Entre pazos e carballos", que alcanzou en 2022 a súa novena edición.[1] Desde 2020, organiza tamén rutas de sendeirismo, está a acondicionar unha zona de escalada deportiva e promove outras actividades culturais, como sesións de cinema ou teatro.[2]
Desde o 2 de xullo de 2023 o seu Presidente é Fabricio Sampedro Viana.
- Antonio Rigueira Ramos (1985-1988)
- Ramiro Moure Ansoar (1988-1989)
- Hermitas Balseiro Oroso (1989-1990)
- José Luíz Vázquez Ulloa (1990-1994)
- Ramiro Moure Ansoar (1994-1997)
- José Manuel Dono Pacín (1997-2001)
- Ani Modia Ferreiro (2001-2006)
- Xosé Antón Ledo Pan (2006-2013)
- Fátima Valverde Ledo (2013-2019)
- Alexandre Varela Rubín (2019-2023)
- Fabricio Sampedro Viana (2023-actualidade)
Notas
editar- ↑ "Carreira popular e andaina ‘Entre Pazos e Carballos’". 21/9/2019. Consultado o 1/3/2021.
- ↑ "Asociación Cultural O Carballo". Facebook da Asociación Cultural O Carballo. Consultado o 1/3/2021.
- ↑ Libro de Actas da Asociación Cultural e Deportiva O Carballo