Astérix gladiador
Astérix gladiador[1] (en francés: Astérix gladiateur) é o cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix publicado en 1964, e creado por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi serializado por vez primeira na revista Pilote, nos números 126–168, en 1962.[2]
Astérix gladiador | |
---|---|
Título orixinal | Astérix gladiateur |
Autor/a | René Goscinny |
Ilustrador/a | Albert Uderzo |
Cuberta | Albert Uderzo |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Colección | Astérix |
Xénero(s) | Banda deseñada |
Editorial | Dargaud Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1964 1996 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 50 |
ISBN | ISBN 84-8288-081-0 |
Precedido por | Astérix e os godos |
Seguido por | A volta á Galia de Astérix |
Tradución | Antonio Pichel (1996) Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1996.[1] En maio de 2015, publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto para Edicións Xerais.[3]
Sinopse
editarO prefecto da Galia, Calígula Vaisencascus vai de permiso a Roma, como é costume levarlle un regalo ó César decide entregarlle un dos invencibles galos da rexión. O galo elixido é o bardo Asurancéturix. Cando Astérix e Obélix se decatan, deciden ir a Roma para salvar o seu amigo. Ó chegaren a Roma, infórmanse grazas á axuda do seu paisano Moitoxamónix, que o bardo está preso no circo e que será votado ós leóns nos próximos xogos. Ante a imposibilidade de atopar a Asurancéturix deciden facerse gladiadores para así poder entrar libremente no circo.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Astérix gladiador. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1996. ISBN 84-8288-081-0 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Asterix the Gladiator - Asterix - The official website". www.asterix.com (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2018.
- ↑ "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.